jueves, 16 de mayo de 2013

Gonzalo Torrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester naceu en Serantes(Ferrol),máis concretamente nos Corrales.Naceu o día 13 de xuño na casa dos seus avós maternos,no ano 1910.
A casa natal de Serantes.
En 1912 botadura do acoirazado España,no que o seu pai estaría embarcado,xa que era Teniente de Navío.No ano 1914 nacería o seu irmá Álvaro e mudaranse a unha casa ao lado do Hospital de Caridade na rúa Magdalena. Aos catro anos aprende a ler e xa comeza a entender os titulares dos periódicos que falaban da Gran Guerra.Un ano máis tarde aprende a escribir,proceso fundamental na súa vida,aprendeu a ler na Calle Dolores,na escuela particular de Doña Concha.En 1916 comeza os seus estudos no colexio PP.Mercedarios,hoxe Tirso de Molina,ubicado na praza de Amboaxe.
Seus pais o levaban ao teatro dende moi pequeno ,ao teatro Jofre,él comezou naquel momento a ser un aficionado ao teatro.
En 1918 remata a 1ª Guerra Mundial.Torrente recorda a celebración que fixeron os ingleses que traballaban nos astilleiros na praza de Amboaxe,estes eran coñecidos como os "chonis".
Torrente gran aficcionado a lectura con tan so nove anos,le o libro do ferrolán Francisco Suárez García,Os invasores,libro que o impresionou. O libro trataba sobre a Batalla de Trafalgar,suceso grave para Ferrol xa que conlevou un alto coste de vidas humanas para a cidade.En Coruña estudiará bachiller.En 1926 remata o Bachiller e plantease que estudar.Decide preparar o curso preparatorio para estudar o filosofia o dereito.Vivirá en cidades como Oviedo,Madrid e escribirá en xornais como La Tierra.
En 1931 en Pontevedra enamorase de Josefina,coa que casase un ano máis tarde.Mudaranse a Ferrol,a calle dos mortos.Aquí nacerá a súa primeira filla MªJosé e afiliase ao Partido Galeguista.Un ano máis tarde 1935 nace o seu fillo Gonzalo e obtén xunto a Carballo Calero a licenciatura en Historia.En 1936 se incorpora como profesor ao Instituto de Bachillerato Concepción Arenal de Ferrol,ubicado entón no edificio do goberno militar.
No ano 1938 nacera a súa terceira filla Marisa ,na rúa Rubalcava de Ferrol.Posteriormente vivirán en Burgos,Ávila hasta que en 1942 estableceu a súa residencia en Ferrol.Asistirá diariamente ao casino de Ferrol.
Más tarde se trasladan a Madrid ,en Ferrol pasarán os veráns.En 1958 morre a súa muller Josefina,en 1960 volveuse casar con Fernanda con quen terá outra filla.En 1964 xa destinado en Pontevedra como profesor de instituto ,nacerá Jaime.Colaborará no Faro de Vigo onde entrará en contacto con Cabanillas,Valverde...No ano 1965 trasladarase toda a familia a América,xa que fora invitado pola universidade de Estados Unidos para impartir clases.En Albany máis concretamente.No ano 1973 regresa definitivamente a España ,a Nigrán onde colabora co periódico Informaciones.En 1975 será elixido académico da Real Academia Española da lingua.Dous anos máis tarde ingresa na R.A.E .
En 1980 jubilase e comeza a escribir para o periódico ABC e dous anos máis tarde concedeselle o Premio Prícipe de Asturias.
Pero o feito máis simbólico para él foi o seu nomeamento en 1983 como Fillo Predilecto de Ferrol.No ano 1985 otorgaselle o Premio Cervantes.
Xa en 1989 por decisión da Corporación Municipal de Ferrol,adosase na casa materna dos Corrales unha placa de bronce coa seguinte inscripción:"Nesta casa naceu,o día de San Antonio de La Cabana de 1910,o escritor D.Gonzalo Torrente Ballester, fillo predilecto de Ferrol"href="http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdcx/~edisp/~extract/TURGA071095~1~staticrendition/tg_carrusel_central.jpg" imageanchor="1" >
No ano 1994 O ayuntamiento de Ferrol erixe un busto De Torrente Ballester no campus de Esteiro,que inmortalizará a presenza do escritor na súa cidade.
Aquí un pequeno fragmento de "Farruquiño" en Sombras recobradas:
"Cuando marchó a dormir, casi de madrugada, la niebla había cubierto la ría y se acercaba a los árboles. Un pequeño resplandor, hacia Montecuruto, señalaba el lugar de la luna en el cielo, próxima a ponerse(...)
Amaneció orballando. Farruco marchó a El Ferrol temprano. Rafaela le recomendó que llevase un capote, no fuera a mojarse; pero la mañana estaba caliente, pegajosa. Cabalgó a su cuerpo limpio. Dio su clase de francés en el Convento de San Francisco. Mientras el fraile llegaba, Farruco se asomó, y sus ojos quisieron traspasar la niebla, y averiguar que pasaba en el Arsenal. Llegaba el rumor de tráfico, de martillazos, silbidos de contramaestre, ruído de cadenas, algunas voces, todo envuelto en el orballo azul y dulce".

miércoles, 15 de mayo de 2013

A nosa vida é un xogo.

Quizáis moitos de vós escoitastedes aos vosos pais ou avós en moitas ocasións criticar os xogos dos nosos pequenos de hoxe en día. Toda persoa xogou a algún tipo de xogo na súa infancia.Facendo un recorrido pola nosa historia podemos ver a evolución deses xogos desde o século pasado ata hoxe en día. Ao mesmo tempo cos nenos xogaban ,sen ningún tipo de preocupación ,en Galicia estabase a vivir unha longa historia,desde unha guerra civil ata o goberno franquista.Moitos galegos tiveron que fuxir ao exilio,outros foron represaliados e fusilados ,viviuse unha forte pobreza, pero a pesar disto os nenos tiñan a súa imaxinación para eludirse dos problemas do mundo a través dos xogos.
Meu pai recorda que cando él tiña ao arredor de 5 anos non pasaba unha soa tarde metido na casa sen saber que facer.(na década dos 60). Todos os nenos saían a rúa a xogar múltiples xogos ,desde os que perduran ata os nosos días coma o balón pé, a comba de saltar,as canicas...
Pero os xogos máis populares entre os nenos galegos eran os seguintes dos que os vou falar.
O popular xogo da chave que consistía en lanzar uns discos redondos e planos denominados pesos,sobre unha peza metálica chamada chave colocada a certa distancia.O obxectivo e petar cos pellos na chave o maior número de veces.A este xogo se xogaba normalmente en parellas.En galicia ,en cada zona xogábase de distinta maneira.Por outro lado estaba o xogo das tabas ,moi habitual e popular era este xogo en Ferrol,botábanse as tabas no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición as tabas que están mal e coller as que estean ben, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. As tabas que se consideran boas son as que están na posición primeira, e ao ser collidas todas, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición.
Outro dos xogos máis xogados polos nenos era o brilé,xogábase cunha pelota de espuma (para non facerse dano) e consistía en formar dous equipos,os membros de cada equipo tiñan que intentar darlle coa pelota aos seus contrincantes ,se lle daban este quedaba eliminado ,así ata conseguir eliminalos a todos.
Pero meu pai non so garda recordo dos xogos aos que os nenos solían xogar,senón que tamén recorda as longas tardes que pasaba xogando cos seus amigos na Plaza de Amboaxe de Ferrol.
O nome orixinal da plaza foi Plaza de Dolores debido a Igrexa de Dolores que alí estaba ubicada.En 1784 comenzáronse as obras de desmontaxe é nivelación do terreo para construír a Praza de Dolores,hoxe praza de Amboaxe.Dous anos máis tarde o inxeneiro militar Sánchez Aguilera realizou un proxecto de construcción pero non foi levado a cabo.
En 1895 instálase a estatua do Marqués de Amboaxe que lle da nome a praza.
Tamén recorda que nos veráns iba cos seus irmáns e os seus pais a pasar as tardes a praia de Copacabana,hoxe desaparecida. Esta praia foi creada ,por así dicilo, en torno aos anos 40,cando a cidade estaba moi debilitada pola Guerra Civil.A praia atopábase no que hoxe é a Malata ,a praia na súa base xa existía nos anos 40 ,pero nestes anos habilitouse para que a xente podese disfrutar dela.
Cando meu pai foise facendo máis adolescente,os seus hábitos de ocio cambiaron e pasou a asistir cos seus amigos aos cines Avenida de Ferrol.Estos cines foron construídos polo arquitecto Rafael González Villar na Calle Dolores.Afinales de los 80 se cerrarían.
Tamén acudía ao cine Rena que no seu comezo era un teatro.Este teatro foi construído polo arquitecto Eduardo Rodríguez Losada Rebellón,ubicado na calle del Sol, clausurouse en 1915.
Na actualidade os nenos xa non saben xogar como facíase antes.As tecnoloxías invadiron o planeta.Os rapaces xa non saben relacionarse se non é a través de móviles,ordenadores,videoconsolas.
En canto a cidade de Ferrol ,perdeu os seus centros de ocio ,que marcaron a historia da cidade.Outros mantivéronse como O teatro Jofre pero outros desapareceron.
Deberíase de colaborar para non perder a memoria da nosa cidade.

domingo, 28 de abril de 2013

Aleixandre Bóveda.

Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo.
Nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Estudou a primaria nunha escola anexa á de Maxisterio; despois fixo cursos de peritaxe mercantil no colexio dos irmáns Villar. Comezou a preparar as oposicións á Facenda. Conseguiu o número 1 nas oposicións a Auxiliares de Contabilidade do Estado, cando tiña só 20 anos. Pasou catro anos da Delegación de Facenda de Ourense. No ano 1924 pide o destino para Pontevedra, onde é designado Xefe de Contabilidade da Facenda. Na Coral Polifónica, de que formaba parte, coñece a que sería a súa esposa, Amalia Álvarez Gallego, con que casou o día 20 de outubro de 1930.
O día 5 de decembro de 1931 foi fundado en Pontevedra o Partido Galeguista, do cal Alexandre Bóveda foi nomeado Secretario de Organización. Segundo Castelao, Bóveda era o “motor de explosión” do partido. Conseguiu crear un partido de masas, que pasou de 700 a 3000 persoas afiliadas en pouco tempo.
O día 3 de xuño de 1932, a Asemblea de Concellos de Galiza encarregou a nove ponentes a redacción do anteproxecto de Estatuto de Autonomía. Alexandre Bóveda foi o principal impulsor do anteproxecto. Nel demostrou con cifras incontestábeis que a política fiscal do Estado discriminaba a Galicia. O día 19 de decembro de 1932 foi aprobado. O Goberno Central autorizou a realización dunha consulta popular sobre o Estatuto.
Debido á chegada do bienio negro (1934-35), Castelao é desterrado a Badaxoz e Bóveda a Cádiz. O Partido Galeguista reséntese. Na segunda metade do ano 35 Alexandre consegue traslados a Madrid, a Vigo e, de novo, a Pontevedra. O triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 posibilita a realización do plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía, que se realizaría o día 28 de xuño dese ano. Foi aprobado con case o 99% dos votos dos galegos.
O día 19 de xullo de 1936 maniféstase o golpe militar en Pontevedra. Bóveda, que estaba co gobernador civil, é detido. O día 13 de agosto celébrase o xuízo militar sumarísimo, do cal saíu condenado a morte. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio).
En dito xuicio, manifestou o seu deseo de ser enterrado baixo a bandeira galega con estas palabras: Miña patria natural é Galicia. La amo fervorosamente, xamais a traicionaría, aínda que me concedesen séculos de vida. A adoro máis alá da miña propia morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, a recibiré como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera. Se non podo ata gustaríame morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal xuzga que debo selo. Xosé Sesto, tra la morte de Bóveda, apresurouse a colocar a bandeira galega baixo a súa chaqueta.
Na madrugada antes do seu fusilamento escribiu varias cartas, a derradeira delas dicía así:
Querido Vitín: Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben. Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname. Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer. Vitinciño: Aos papás, a Vera, a Carlos, a Cesar, a todos, as miñas apertas. Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que poidas recibir de Alexandre. P.S. / Rezai por min que eu lembrarei-vos sempre e (se podo, como espero) intercederei por vós.
Aquí a carta que lle escribiu a súa muller:
«Choliñas, Miña Peque, Vidiña: Quixera escribirche moito. Mais xa sabes canto puidera decirche. Perdoame todo, que os peques me lembren sempre; que cumplas todolos meus encargos. Eu, almiña, estarei sempre con vós como che prometín. Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío. Adeus, Vidiña: Vive para os peques e os vellos, abrázaos, confórtaos. Sé Ti, miña Pequeniña ademirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e satisfacción de Ti e de todos. Lembrareivos sempre, velarei sempre por vós. Adeus. Contigo, cos peques, cos vellos todos, estará sempre na lembranza, na máis grande, máis fonda, máis infinda das apertas, o voso, Xandro. P.S / Recei contigo».
Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza mártir.
O escritor Xerardo Álvarez Gallego dedicoulle o libro "Vida, Paixón e morte de Aleixandre Bóveda".

sábado, 27 de abril de 2013

Miltares ferroláns durante a Guerra civil.

Antonio Azarola.
Dende novembro de 1934, era segundo xefe da Base Naval de Ferrol e xefe do seu Arsenal. Foi subsecretario do Ministerio de Mariña e posteriormente ministro do mesmo departamento no gabinete presidido por Manuel Portela Valladares. Baixo o seu ministerio produciuse o último Plan Naval antes do estalido da Guerra Civil , no que se prevía a construción de dous destrutores, dous cañoneiros e outros barcos menores. Aínda que ao producirse a sublevación na Base do Ferrol, o 20 de xullo, o contralmirante Azarola adoptou unha actitude vacilante, finalmente inclinouse por non tomar parte na sublevación, polo que ao triunfar esta en Ferrol, foi detido, sometido a xuízo sumarísimo e condenado a morte por: ...un delito de abandono de destino do Xefe do Arsenal ante rebeldes e sediciosos, inhibíndose nas súas funcións, retirándose ás súas habitacións particulares e opoñéndose a que se declarase o estado de guerra nesta praza. O contraalmirante Azarola declarou no xuízo que, aínda que simpatizaba cos propósitos da sublevación, non podía quebrantar os seus principios militares. Foi fusilado ás seis da mañá do 4 de agosto, no cuartel de Dolores. Os seus restos atópanse enterrados no cemiterio de Vilagarcía de Arousa. A súa sobriña Amelia Azarola Echevarría estaba casada co aviador falanxista Julio Ruiz de Alda, que sería asasinado no Cárcere Modelo de Madrid o 23 de agosto de 1936.
Honorio Cornejo.
Naceu según atestigua a súa partida de nacemento en Zalamea. Era fillo dos facendados José Natalio Cornejo e Miguela Carvajal, e neto de importantes propietarios da localidade. Con 17 años, en 1878, estando a bordo da fragata Asturias, fondeada en El Ferrol, ingresou na Escuela Naval Flotante, onde desarrollaría os seus primeiros estudios na Armada. Pronto comezou a subir no escalafón de oficiales: Guarda Marina de segunda en 1880, de Primera en 1883 e Alférez de Navío en 1884. En marzo de 1885 es destinado al apostadero de Manila, en Islas Filipinas. Pero a enfermidade faría que uns anos máis tarde volvese a España. De novo en casa, foi destinado ao acoirazado Pelayo e posteriormente asistiu a Escuela de Torpedos a aprender sobre este nuovo arma naval.Tras exercer importantes cargos no Arsenal do Ferrol, en pleno conflicto do Rif se lle envía alí, a exercer de gardacostas no Estrecho al mando del cañonero Infanta Isabel. Sus méritos le harán ascender a Capitán de Navío e comenza a ocupar cargos de importancia. 
Salvador Moreno Fernández
Incorporouse a sublevacion militar na súa cidade natal ,El Ferrol,toma o mando do cruceiro leal al al almirante Cervera,conseguindo un gran protagonismo durante a guerra.Aeficacia militar dos seus cañoneos non será nunca moi grande ,pero a impresión que causaban na cidadanía e na moral dos sitiados era enorme.Foi un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo imputado pola Audiencia Nacional no sumario instruído por Baltasar Garzón, polos delitos de detención ilegal e crímenes contra a humanidade cometidos durante a Guerra civil española e nos primeiros anos do réximen. Non foi procesado ao comprobarse o seu fallecimento.

Dolores Ibárruri "A Pasionaria".

Dolores Ibárruri , ou como ben a coñecemos hoxe "A Pasionaria",deixou clara constancia na historia de España sobre todo durante a Segunda República e a Guerra Civil Española.
Para quen no sepa nada dela ,foi dirixente do Partido Comunista de España(PCE).A súa loita política uniuse a súa loita polos dereitos das mulleres, demostrando que as mulleres fosen da condición que fosen ,eran libres para elixir o seu destino.
Dolores naceu na población vizcaína de Gallarta(País Vasco) en 1895,no seno dunha familia tradicional e mineira.O seu pai mineiro era de ideoloxía carlista.En 1910 ten que abandoar os estudos a pesar de que ía entrar na escola de Maestras para estudar o oficio.En lugar diso traballa de sirvienta.En 1916 casouse cun mineiro socialista,ela que é moi aficionada a lectura e o feito de estar casada sun socialista fan que cada vez máis se decante polo marxismo.Dolores asumíu a doctrina marxista como modo de loita para a liberación da clase obreira.
A victoria da Revolución Bolchevique en Rusia a deixou impresionada.Comezou a escribir en numerosos periódicos baixo o pseudónimo de "A Pasionaria"(El minero vizcaíno,El Mundo Obrero...). Desde o comenzo ocupou grandes cargos dentro do Partido Comonunista Español,feito polo que foi detida en numerosas ocasións. En 1933 presisiu a Unión de Mulleres Antifascistas. Divorciuse e comezou unha relación cun home 17 anos menor ca ela. Debido a isto o socialismo e o comunismo lle puxeron como condición para continuar militando que rompese a relación. Tivo seis fillos e tivo que facer fronte a morte de varios deles ,xa fose por emfermidade ou por loita na guerra.
Foi encarcelada en numerosas ocasións debido a súa activa militancia en manifestacións comunistas. En 1936 foi elexida diputada por Asturias e vicepresidenta polas cortes republicanas en 1937. Foi un mito debido as súas arengas pola causa Republicana ,dela son os lemas !No pasarán! acuñado durante a Defensa de Madrid na Guerra Civil.
Tras a Guerra Civil Española exiliouse a URSS ,onde exerceu como máxima autoridade entre os membros exiliados do PCE a URSS.En 1960 dimitiu para pasar a exercer o cargo de Presidenta do PCE.
Trala morte de Franco e o fin da ditadura militar en España, durante a Transición volveu a España o 13 de maio de 1977. Morreu en Madrid en 1989 ,foi enterrada no cementerio da Almudena.Da súa vida deixou constancia nas súas memorias que publicou en 1962 "El único camino".

miércoles, 24 de abril de 2013

Batalla de Vigo .

Durante a Guerra Civil Española que tivo lugar entre 1936 e 1939 ,tivo lugar en Vigo a Batalla coñecida polo mesmo nome "Batalla de Vigo". Foi un enfrentamento que tivo lugar entre o exécito sublevado e as milicias obreiras viguesa. En teoría desenvolveuse entre o 18 e o 28 de xullo de 1936(comezos da guerra),pero os feitos máis relevantes déronse os días 20 e 21.Esta batalla rematou cun saldo de 50 baixas entre ambos bandos e centos de feridos e prisioneiros de guerra. Resultaron vencedores os sublevados fronte á resistencia republicana.A rexión de Vigo foi de Galicia a última en caer en mans dos fascistas.A última batalla tivo lugar en Tui (A Volta da Moura).
O bando republicano estaba comandado politicamente por Emilio Martínes Garrido ,pero este non aportou nada o conflicto ,mantívose inerte e pasivo. Guillermo Barros era representante da FIJL e a FAI; Dalmacio Bragado coordinaba a CNT; e Fernando Román foi un destacado membro da CNT, que básicamente coordinaba as barricadas.O bando republicano estaba formado por afiliados aos sindicatos obreiros.A CNT era a organización con máis peso,mentres que a UXT era a máis tradicional en Vigo. Había outros sindicatos independentes de menor importancia;o Sindicato Único de Metalurgia participou activamente na batalla, debido a súa ampla experiencia en folgas e conflitos armados. En total, sumaban uns 1000 combatientes
O bando sublevado estaba dirixido por Felipe Sánchez, comandante de la Plaza de Vigo,pero foi realmente Antonio Carreró quen liderou o ataque e planeou o asalto a resistencia obreira.Obando sublevado contaba con 350 soldados apostados en Vigo.
Desenvolvemento da Batalla: 18 - 19 de xullo: Os preparativos
O 18 de xullo de 1936 as tropas militares acuarteladas en Melilla se sublevan.O falanxista Manuel Hedilla trasládase a Vigo para preparar o alzamento en toda Galicia.A CNT ,FAI, UXT,XUVENTUDES MILITARES reciben mensaxes confusos sobre o levantamento en Melilla.Diferentes medios fanse eco desta noticia.
O 20 os sublevados pretenden actuar en Galicia.O alcalde de Vigo ante esta situación convoca un comité de cirise.A guarda de asalto ofreceuse para protexer a cidade,a CNT pediu armas para formar unha guerrilla.O alcalde confiado en que os militares se manterían fieles ,rechazou ambas ofertas. Os sindicatos ante isto coordínanse e forman unha milicia común,cuxo único armamento e unha ametralladora parabellum,varias pistolas pequenas e 200 bombas caseras.
20 - 22 de julio: o combate: O 20 de xullo o capitán Antonio Carreró sae do cuartel cuns 50 soldados e declara o Estado de Guerra.Os militares desfilan por varias rúas ata checgar a Porta do Sol as 13:00.Neste instante,un home de apelido Lence intenta arrebatarlle o bando ao axudante de Carreró e os militares o executan.Os milicianos se abalanzan sobre os sublevados para quitarlles as armas.Carreró manda abrir fogo,un afiliado da CNT responde coa ametralladora parabellum.Os militares retíranse. este feito acaba con 15 mortos e moitos feridos.Carreró toma a Casa do Pobo, mentres os milicianos asaltan a armería La Cosmopolita e o Cuartel da Guarda Civil de Teis. Consiguen 16 fusiles e 12 pistolas, aunque pouca munición. Radio Vigo proclama diversos mensaxes republicanos hata que Carreró toma o edificio. Ademáis, os sublevados instalan postos de ametralladoras nalgunas rúas importantes.Os milicianos levantan barricadas en O Calvario, O Seixo e Os Choróns. O día remata cando os militares asaltan o axuntamento sobre as 19:00 - 21:00 horas e deteñen ao alcalde e ao seu grupo de concexales. No Seixo, acabanse as bombas caseras, e os milicianos supervivintes fuxen hacia o monte. En Lavadores tamén hai forte resistencia, pero ao mediodía os sublevados toman o axuntamiento.Os milicianos se retiran al Cuartel de la Guardia Civil de Pardavila. Os militares de dicho cuartel, hata entonces neutrais, unense aos sublevados. Sen posibilidade de combatir en dos frentes, os republicanos retíranse ao monte. O 22 de xullo, os falanxistas toman casi toda a cidade. Desde unha avioneta, un militante da CNT sobrevoa a cidade arroxando octavillas nas que pide a rendición do bando sublevado.
23 - 28 de xullo: últimos actos de resistencia. O 23 de xullo o monte de A Mdroa é bombardeado ,morre unha persoa.Os sublevados acaban coa resistencia en Tui e destruen a avioneta utilizada polos milicianos a noite anterior.O 24 a Guarda Civil deténa Botana ,uns dos poucos dirixentes republicanos que aún seguía en libertade.O 26 os milicianos asaltan unha patrulla da garda civil ,resulta ferido un cabo.O día 28 de xullo, o bando republicano fai estourar unha bomba na estación de Figueirido, na línea de tren Vigo - Pontevedra. Foi o último ataque de resistencia da Batalla de Vigo.As acción posteriores foron obra dos maquis.
Este conflicto saliulle caro a cidade de Vigo quen tardou en recuperarse.Os membros do moité do Frente Popular foron xulgados por traición,o 27 de agosto morren fusilados.(Garrido ,Botana,Bilbatúa e Seoane).Ao arredor de 2500 persoas foron fusiladas en Vigo durante a Guerra Civil.

viernes, 29 de marzo de 2013

Darío Autrán.

Quizais agora se escoitamos falar de Darío Autrán simplemente nos soe o seu nome ,pero do que non me cabe duda é de que como moitos outros xóvenes artistas éstase abrindo paso na nosa cultura galega e tamén polo mundo en adiante.Pode ser que agora non conte coa axuda que precisa para chegar a darse a coñecer internacionalmente pero ten o máis preciso e fundamental,talento e ganas.Quizais dentro duns anos atopémonos diante dunha gran estrela.
Mentres tanto tiven a sorte de poder facerlle unha entrevista.Aquí vola amoso.
1.¿Qué representa para ti Galicia?
Para mí Galicia es un personaje más en mis películas. En "Orxo" mi primera película escrita y protagonizada el paisaje que proponía era una Galicia oscura, inquietante y llena de recovecos misteriosos que formaban parte indeleble de la trama. En "Tilda&Jean" la primera que hago como director Galicia sigue teniendo ese aura neblinosa, tan en boga en Ferrín o Suso de Toro, sin embargo, su función forma parte más para ampliar la sensación onírica y de locura de los personajes. Los elementos habituales del paisaje gallego se ven una y otra vez en mi cine, y creo que lo seguirán haciendo en esta primera etapa en la que mis historias giran alrededor de personajes derrotados, anti-heroes y seres, muchas veces, del todo despreciables, pero que tienen por un lado un espíritu que siempre lucha contra ese fracaso, que tienen ilusión contra el decaimeinto y sobretodo esperanza. Mucha esperanza de terminar con el dolor. Un poco como esa lluvia gallega, que muchas veces odiamos, pero que, sin duda, a la vez amamos.
2.Como actor y productor ¿Qué te gustaría transmitir de Galicia y de su cultura ?
Me crié en una aldea pequeñita, y muchos momentos de mi vida, tal vez, de los mejores, los pasé caminando por los bosques, me llevaba un libro, o me iba con mi gato a recoger moras, o a inventarme historias. Para mí Galicia es un poco eso, un paseo tranquilo en el que la lluvia te acaricia la punta de la nariz, el musgo brilla y todo se convierte en un acto contemplativo, y de reflexión. Y, sin duda, si tienes delante la piedra, la hierba, los árboles que tenemos aquí ese acto se convierte en algo más. En algo que te recuerda a esos grandes momentos. Galicia transmite todo eso. Y más.
3.¿Te sientes cómodo rodando en Galicia?
Acabo de rodar mi primera película, la experiencia ha sido dura, he tenido pocos apoyos, mucha inexperiencia y un montón de errores, que fuera en Galicia creo que no cambia mucho en este sentido, pero la recompensa es que he conocido a gente muy profesional y me ha servido para crear una familia a la que podría embarcar en un nuevo proyecto y salir, de nuevo, más o menos, airoso. Creo que tener una película ya es un sueño cumplido, y Galicia me ha dado lo que estuvimos hablando antes; paisaje, contemplación y ser uno más de mis personajes.
4.¿Qué aportan tus películas o que pretendes aportar de la cultura gallega?
Intento aportar algo nuevo. Original. Dar a conocer una nueva mirada a Galicia. Mi cine creo que es diferente y que puede aportar algo a la cinematografía gallega y española. El tiempo lo dirá.
5.¿Rodarías en gallego ?
“Orxo” la escribí en gallego, y se rodó en gallego, aunque aún esté en producción, y tengo otro proyecto que se llama “Pranto” también escrito en gallego y que espero dirigir algún día.
6.¿Tienes pensado rodar en gallego ?
Todas mis obras de teatro las escribí en gallego, “Tilda&Jean” es mi primer proyecto que está en castellano, y claro que rodaré algo más en gallego, o eso espero, aunque ahora en lo que estoy trabajando es en castellano.
Aquí podemos ver un trailer da súa película Tilda & Jean:
Tamén unha entrevista realizada en Correo Televisión de Santiago de Compostela
Só quédame desearlle moita sorte a Darío e agradecerlle a súa colaboración.

jueves, 28 de marzo de 2013

O galego e o seu uso.

En Galicia conciven dúas linguas :galego e castelán. Cando isto ocorre podese dar : -Lingua minoritaria:Menor número de falantes. -Lingua maioritaria:Maior número de falantes. -Lingua minorizada ou dominada:Sometimento dunha lingua que é excluída dos usos institucionais pola dominante.Isto ocorre normalmente por feitos históricos.
A política linguística pode regular estas situacións.A política linguística de normalización da lingua busca que unha lingua minorizada se empregue nas funcións institucionais das que está excluída por anteriores políticas linguísticas minorizadoras.Preténdese evitar a desaparición dun idioma e recuperar os seus usos sociais e situalo á altura da lingua forte.
A situación do galego polo tanto como lingua minorizada e ameazada.No marco legal a asimetría legal entre galego e castelán é palpable aínda que nalgúns usos institucionais o galego predomine como lingua oficial.O galego non se usa habitualmente na prensa diaria pero si na produción literaria.Nas emisións de radio e televisión so aparece nos medios de comunicación autonómicos,a publicidade non toda está en galego ,os músicos máis promocionados e coñecidos son aqueles que cantan e componen en castelán.
Na constitución recóllese a obriga,o deber de coñecer castelán e só a posibilidade,o dereito, de falar en galego.O galegofalante é considerado un castelanofalante.O status do galego como lingua minorizada parecelle normal á sociedade, que non considera a lingua vehículo de comunicación,marca de identidade e patrimonio cultural da humanidade,polo que algúns pensan incluso que as propostas da normalizacion do galego violan os seus dereitos.A pesares disto,3 millóns de persoas falan ou saben falar en galegoe ademais está entre as linguas máis faladas do mundo.
A minorización do galego procede das circunstancias da historia de Galicia.Instalouse o centro políco en Castela e Galicia quedou sometida,o castelán convertiuse en lingua do estado e dos poderes sociais.O altos funcionarios do estado e da igrexa que actuaban en galicia pasaron a falar este idioma.Os pasos máis importantes que se tomaron durante o século XIX e XX foron os seguintes:
-A instauracion da cooficialidade do galego.
-O galego no ensino.
-Creación da variedade estándar.
-Campañas institucionais e promoción da vida cultural en galego.
É dificil apreciar o avance do galego tras a ditadura ,xa que hai menos falantes.Pero pódese apreciar que cada vez hai máis galegofalantes que transmiten a lingua aos seus fillos.O galego é polo tanto unha lingua en vías de normalización.

Francisco Leiro.

Quizais ao escoitar falar de Francisco Leiro ,nin sequera nos soe o seu nome,pero seguramente en calquera das cidades máis importantes do mundo nas que estivesemos ou simplemente comezando por Vigo ,seguro que hemos visto algunha das súas fermosas esculturas.
Francisco Leira,naceu en Cambados (Pontevedra), en 1957. Aprendeu a talla da pedra en la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela e continuou a súa formación en dibuxo e modelado na Escuela de Bellas Artes de Madrid.
A dilatada obra de Francisco Leiro está considerada desde os anos oienta unha das máis representativas da escultura española. Nos anos setenta as súas obras encádranse na etapa surrealista,coincidindo coa súa pertenencia xunto a outros artistas galegos ao Grupo Foga, entre eles Menchu Lamas,Antón Lamazares e Antón Patiño...Deuse a coñecer coas súas publicacións en "Atlántica".
Quen o inicio na escultura foi o seu pai ,quen era cantero.O seu pai instruiulle no talle da madeira,ferro e granito do país.
Tivo a oprtunidade de expoñer por primeira vez no seu pobo ,Cambados.A súa obra é acollida por todos de xeito sorprerdente,irritante,interesante e apasionante.Recorre España e en Madrid contan con él desde 1986.
A súa obra comeza a recorrer Europa e América ,incluso chega ata Australia.En Chicago,Ohio e Nova York sorprende e entusiasma.Convértese nun gran fenómeno internacional en canto a escultura.En Galicia ,sobre todo en Vigo temos varias obras públicas ,como no Axuntamento de Vigo.Museos de arte moderno de todo o mundo dispútanse as súas obras.O propio Francisco califica a algunhas das súas obras como "cousas" debido a que son indefinibles.Os seus materias preferidos son a madeira de roble e castaño galegos.
En España ,as súas esculturas máis coñecidas son a de "El sireno ",atópase en medio da Porta do Sol ,é un sireno sobre unha onda de mar.Co tempo está escultura é un símbolo da cidade.En Vigo tamén temos moitas das súas esculturas coma a de "Bañistas no Areal "ou os "Nadadores".
Pero verdadeiramente o máis importante é que gozamos de esculturas galegas polo resto do mundo grazas a labor de Francisco Leiro ,quen a deixado constancia do arte galego polo mundo e cando alguén esté e Nova York por exemplo ,poderá gozar e coñecer o noso arte galego.

domingo, 24 de marzo de 2013

vídeos sobre Man :

Manfred Gnädinger.

Quizais ao oír o seu nome "Manfred Gnädinger" non teñamos nin a máis remota idea de quen era e de toda a súa importante labor para a cultura galega e o que é máis importante a defensa da súa costa ,digo súa porque para él era súa e morreu por ela.
Máis ben coñecido como Man o El alemán de Camelle foi un pintor i escultor alemán que viviu como un anacoreta na parroquia de Camelle, que pertence ao termo municipal de Camariñas, na Costa da Morte (Galicia).
Tratou de levar unha vida o máis simple e natural posible, elaborando esculturas ao aire libre cerca da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.
Este alemán de nacecemento pertencía a unha familia acomodada ,estudou arte en Italia e impartiu clases a xente con problemas sociais.Desde sempre mostrou certo interese pola natureza e polo medio ambiente.En maio de 1962 chegou as festas de Camelle ,alí quedou prendado da súa costa ,desde aquel día ese alemán solitario e de bo aspecto instalouse alí para sempre.
En novembro de 2002 ,a traxedia do Prestige asolou as costas galegas ,deixando unha gran mancha de fuel nas súas esculturas. Crese que Man morreu de pena debido a este feito.
O seu aspecto:Delgado, casi esquelético co pelo e barba longo e sen arreglar, vestido cun taparrabos e algunha vez con sandalias,asemellase a unha mezcla entre Tarzán e un ermitaño. Viviu nunha especie de chabola que as xentes do pobo lle construiron e que él mesmo pintou a súa maneira combinando múltiples cores onde dominan as formas circulares, símbolo da súa vida. Arredor desta casa está o museo, construído básicamente con grandes pedras esféricas apiladas formando columnas e cadenas, algunhas das cales están pintadas de branco ou negro. Os ósos de animales, principalmente marinos como vértebras de cetáceos e algunha calavera que podía ser de caballo ou burro acompañan as construcións onde tampouco falta o reino vexetal. Noutro tempo tambén o auga foi un elemento destacable como mostra a fonte de varios niveles que preside a entrada da casa, pero a construcción do muelle novo pasando polo museo segó parte da súa obra e limitou o aceso do mar. Esa noite na que chegou a Camelle a pasou na casa de Lola de Benadita e ao día seguinte foi a casa de Carmen de Chuco para que le arreglase unos zapatos. Alí le preguntaron su procedencia, le dieron unha merienda consistente e un plátano con un trozo de pan (algo de luxo en aqueles tempos) e o encamiñaron a casa de Euxenia Heim que sabía alemán e que le proporcionou unha casa sen cobrarlle alquiler. Nos seus primeiros meses chamaba a atención o seu bo aspecto e a súa boa vestimenta.Tamén o seu bo trato coa xente e a súa asintecia a misa.Tampoco quedaba claro a que se dedicaba ,estudiaba os animais e as plantas e na súa casa pintaba i esculpía. Según contase, enamorouse dunha chica, unha maestra de escuela que seguramente, debido a que sabía inglés, mantenía largas conversaciones con él, sobre todo os domingos ao terminar a misa, pero está rechazou o seu amor e isto foi o detonante para que este alemán parara dunha vida de señor a autodefinirse Manfred e empezara a transformarse hasta o que conocemos hoxe.

sábado, 2 de marzo de 2013

Central das Pontes de García Rodríguez.

Comenzouse a construir en 1972 e o seu funcionamento empezou en 1976.
Diseñada orixinalmente para consumir o lignito extraído na minería local. Desde que cerrouse a mina de lignito, onde estableceuse o lago artifical das Pontes, tan so consume carbón foráneo.A súa chimenea, denominada Endesa Termic, cunha altura de 356 m e un diámetro de 36 m en la base y de 18 m en su cima, é unha das máis grandes do mundo, e a máis alta de Europa.
Tamén encuentrase en fase de estudio a ampliación da central, cun ciclo combinado de gas. É o maior foco de contaminación por CO2 de España.Según un informe de WWF/Adena, é a novena central eléctrica más contaminante de Europa.
A térmica coruñesa As Pontes demostra a dificultade de cumplir co Protocolo de Kioto.Enormes torres de refrixeración que expulsan sen cesar vapor de agua, e unha xigantesca chimenea fumeante, a maior do mundo, de 356 metros de altura. O paisaxe de As Pontes de García Rodríguez, un municipio coruñés de 11.500 habitantes, está ligado a central térmica máis contaminante do país.
Según datos de CCOO, a central de As Pontes foi en 2007 a máis contaminante de España, con casi nueve millóns de toneladas de CO2, o que representa máis do 20% del total consumido no país.
Un informe da universidade De A Coruña recolleu: "Un análisis elaborado por la Universidad de A Coruña ha detectado niveles "excesivos" de metales pesados en las aguas del río Eume hasta el punto de multiplicar por 3.000 la presencia máxima de aluminio recomendada por distintos organismos internacionales. Según denuncian colectivos ecologistas locales, el Eume -arteria de las fragas, único bosque atlántico con especies de alto valor ecológico-, ha sido el "vertedero" durante décadas de los minerales desechados por Endesa."
Para escapar a toda esta polémica a central de As Pontes escudouse coa construcción dun Lago para transmitir unha boa imaxe ,imaxe de central non contaminante ,cosa que non é así ,ao igual cos animais que aloxa no seu recinto ,prentenden así transmitir unha imaxe de saudade e natureza,toso o contrario ao que nos din os estudos.

Reganosa

A central de Reganosa atópase en Mugardos ,na marxen izquierda da ría de Ferrol.En canto a superficie é ó máis pequeno do seu entorno, ocupa 12,7 km cadrados.No ano 2008 os habitantes estaban en torno aos 5600. Da súa poboación activa ,o 25 % traballaba na industria.As líneas de navegación entre América i Europa, como entre ésta e África teñen as costas galegas como un lugar de paso obligado. Aquí radica unha fortaleza obxetiva da terminal de Mugardos. A ría de Ferrol, donde se ha establecido un dos principais centros de construcción naval e reparacións de Europa, al que recurren con frecuencia os máis importantes armadores de buques metaneros de todo o mundo. As augas da ría ferrolana, ademáis, son tranquilas e permanecen todo o ano ao abrigo de calquera temporal. Mugardos ten paraxes de gran beleza natural, favorecidos por un clima oceánico templado e chuvioso. Tamén conserva na súa arquitectura popular huellas do seu pasado marinero. Entre os seus monumentos destacan especialmente o castillo de La Palma e o monasterio de Santa Catalina.
Isto é o que os fundadores da central de Reganosa ,os que verdaderamente obteñen beneficios dela lles interesa transmitir. Unha central localizada en un lugar idílico, polos seus monumentos e pola súa beleza. Pero o que non queren transmitir é a súa visión crítica que obsevamos a continuación.
"ESTE ES UN S.O.S, LA REALIDAD ENCUBIERTA, DE LO QUE ESTA OCURRIENDO, EN EL INTERIOR DE LA RIA DE FERROL.UNA PLANTA DE GAS ILEGAL,QUE VULNERA TODAS LAS NORMATIVAS DE LA U.E EN SEGURIDAD E IMPACTO MEDIOAMBIENTAL."
NON CUMPRE O Decreto 2414/1961 "Estas actividades deberán supeditarse, en canto ao seu emprazamento, ao disposto sobre o particular nas Ordenanzas municipais e nos Plans de urbanización do respectivo Concello, e para o caso de que non existisen tales normas, a Comisión Provincial de Servizos Técnicos sinalará o lugar adecuado onde haxa de emplazarse, tendo en conta o que aconsellen as circunstancias especiais da actividade de que se trate, a necesidade da súa proximidade ao vecindario, os informes técnicos e a aplicación de medidas correctoras. En todo caso, as industrias fabrís que deban ser consideradas como perigosas ou insalubres, só poderán emplazarse, como regra xeral, a unha distancia de 2.000 metros a contar do núcleo máis próximo de poboación agrupada".
NON CUMPRE O R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre Evaluación de impacto Ambiental (Directiva europea 97 /11 /CEE) A Directiva comunitaria 85/337/CEE considera, entre outros aspectos, que os efectos dun proxecto sobre o medio ambiente deben evaluarse para protexer a saúde humana, contribuír mediante unha mellor contorna á calidade de vida, velar polo mantemento da diversidad de especies e conservar a capacidade de reprodución do sistema como recurso fundamental da vida.
NON CUMPRE a norma UNE - NE 1532 sobre Instalacións e equipas para gas licuado norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO , Interfaz entre buque e terra , Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).
NON CUMPRE O R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II
Todos estas noticias apareceron no periódico xa que tivo moita repercusión no seu momento.Desde este punto de vista crítico que non ten nada que ver co que os interesados nos querían mostrar.A destrucción da nosa ría mostrada de boa maneira para obter un simple beneficio económico.O segunte vídeo amosa as protestas contra a ubicación de Reganosa en Mugardos.

Ferrol desde varios puntos de vista.

Ferrol desde outro punto de vista: Se observamos o primeiro vídeo podemos ver unha realidade dun Ferrol en ruinas onde os edificios bonitos vense estropeados polos edificios derruídos e destrozados.Todo isto podería ter arreglo e conseguiríase unha bella cidade como a que nos a amosa o segundo vídeo.

viernes, 25 de enero de 2013

Don Misael Prieto García, O defensor dos pobres.

Testemuños:
María Esther Prieto Haz. María é unha sobriña de Concepción Prieto Paz , a servinte que foi da Paiola a Meirás e que estivo, desde moi nova ao servizo da casa de Don Misael. Ela tivo moita relación coa irmá de Don Misael, Dona María Josefa. Don Misael era un personaxe carismático. Fillo de padres labradores.Era un Home emprendedor e tenaz. Os seus feligreses de Meirás, campesinos y pescadores ,algúns agobiados pola pobreza foron para él como os seus fillos aos que había que coidar ,ensinar e prepararlles para un futuro mellor. Nunca deixou de coidar aos emfermos memtres non chegaba un médico.
José Dopico Fraga. O primeiro que fixo Don Misael foi facer unha escola pública na parroquia de Meirás.El fundou o sindicato e quixo facer un muelle para os pescadores.Comproulle as terras a Marquesa e reparteunas entre os pobres.Era moi bó home.
María Orjales Leira. Como a maioría da xente era pobre ,precisaba diñeiro ,pero os créditos eran moi caros.Don Misael fundou a Caixa Rural,desta maneira se precisabase aforrar aforrábase e se precisabase diñeiro ,dábase a un precio máis barato. Construiu o Molino Da Cubeta para que a xente non tivera que facer longos desprazamentos para moer a fariña para facer o pan.
Morreu o 21 de marzo de 1935, a noticia da súa morte causou ondo pesar en toda a rexión .Don Misael ,un apóstol de indiscutible prestixio en toda España.
Para rematar ,pode valernos este poema de Xosé Crecente Vega que Don Misael faría seu :
Pola auga limpa
i o vento oureador,
bendígovos,Señor.
Polo monte bravo,
polo prado mol,
bendígovos, Señor.
Pola horta bricia
i os frutás en flor,
bendígovos, Señor.
Polo pan da terra,
pola luz do sol,
bendígovos,Señor.
Polas crías novas,
polo gado mor,
bendígovos, Señor.
Polo ben do lume,
polo ben do amor,
bendígovos, Señor.
Información extraída do libro Testigos de la Fe en la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol.