martes, 25 de diciembre de 2012

Anos da Fame .

Agrarismo e obreirismo en Galicia.

O priemeiro terzo do século XX é unha etapa histórica de transición dende unha sociedade agraria "patriarcal" hata unha sociedade de masas ,na que o peso do campesinado parcelario é enorme. O agrarismo como movemento social comenzouse a organizar a finais do século XIX ,nas comarcas costeiras de Pontevedra e baixo a fórmula de mutualismo gandeiro.A partires de comezo do XX , o agrarismo logra importantes éxitos a partires de organizacións como o Directorio de Teis (Vigo) ,a Unión Campesina e Solidariedade Galega (A Coruña) e Ación Galega fundada en Madrid ,pero con importante presenza en Ourense. A realización de Asambleas Agrarias de Monforte foi a posta de longo de todas estas organizacións agrarias. Partidos Revolucionarios en Galicia:
Os comezos da UXT en Galicia. A conflictividade obreira dos anos 1916 e 1917 permitiu ir superando o localismo gremial e o asentamento dos grandes sindicatos .A UXT foi unha das grandes centrales sindicais ,que agrupaba aos traballadores de tendencia socialista. Fundada en 1888 polo ferrolán Pablo Iglesias ,que en 1879 xa intervira na fundación do PSOE.Os fortes comezos da UXT danse en Ferrol.Cabe destacar o papel de Francisco Fernández García como defensor dos dereitos dos traballadores e animador da prensa obreira local.As críticas a patronal do sector naval valeronlle o seu despido coo mecánico do Arsenal.En 1892 acompañará a Pable Iglesias nunha xira por Galicia.Nas elecións de 1895 será electo concexal do Axuntamento de Ferrol,convertindose no primeiro edil socialista galego e nun dos primeiros en España ,convertíndose nun dos pioneiros do socialismo en Galicia.
Comezos da CNT en Galicia: Tra la fundación en 1910 da Conferencia Nacional do Traballo ,xa que en 1911 hai un intento de organizar unha federación "Solidariedade Obrera de Galicia" como expresión del sindicalismo anarquista,ésta no llegaría a consolidarse.en 1922 crease a Confederación Rexional Galaica da CNT en Vigo.No seno da CRG desarollouse o mesmo debate que a CNT tiña a nivel xeral en canto ao seu modelo organizativo.A decisión final inclinouse polos Sindicatos Xenerais de Traballadores.Isto foi palpable nos sucesos de Sobredo de 1922 ,que cobraríase os primeiros mártires del anarcosindicalismo en Galicia.
Ación Galega:
Movemento político constituido en Madrid ,a comezos de 1910 ,no contexto da movilización agraria que se preducira en Galicia,cultivado polos sectores liberais.Este movemento tivo como portavoz ao periódico homónimo ación galega.A súa duración foi corta ,disolveuse en 1913 pero foi decisiva.Logrou organizar mítines populares durante o ano 1912.As súas ideas básicas eran a síntese do reformismo agrario en materia foral (antiforismo)e rexeracionismo polítoco.Ación Galega naceu como resposta de xóvenes políticos situados no campo máis avanzado do liberalismo as limitacións que impoñía o caciquismo electoral. Sen Ación Galega o agrarismo non sería un movemento de masas naquela época.
Agrarios e Católicos: Unha das Novedades máis destacadas de España no primeiro terzo do século foi a capacidade de movilización que tivo a Igrexa Católica entre as masas campesiñas. Preto de cincocentos sindicatos agrarios galegos organizáronse polos católicos.O seu principal medio de expresión foron as revistas Galicia Social e agraria e xornais A voz da verdade lucense hata a Integridade de Tui.Durante a Dictadura de Primo de Rivera facilitouse a resolución da cuestión foral .Coa caída do Réxime de Primo de Rivera arrastrou consigo aos agrarios católicos. Durante o primeiro terzo do século XX as Casas do Pobo convertíronse no
templo
laico dos traballadores ,e es manifestacións do 1 de maio ,ademáis de expresión da súa forza reivindicativa ,na súa festa máis importante.

domingo, 2 de diciembre de 2012

A Pena Molexa .

A Pena Molexa sitúase no Val e é un lugar que todos deberíamos visitar algunha vez na vida .Guarda moitas historias e lendas que dotan ao lugar de certo encanto á vez que aprendemos como vivían no megalítico e as contruccións que realizaban .

sábado, 1 de diciembre de 2012

Tipos de dolmens galegos:
-Dolmens simples: Xorden ao arredor do 4000 a.C. A súa función é funeraria. Aparecen restos de cerámicas,xoias de variscita,puntas de frecha,microlitos e follas de silex.
 -Dolmens de corredor: 3500 al 2400 a.C. Son as formas máis fermosas do megalitismo galego. En Galicia consérvanse en case perfecto estado como o de Dombate. É cuberto e en moitos casos alzado con respeto da cámara megalítica.Os restos encontrados son os mesmos que na fase anterior pero con formas máis complexas.
 -Cistas megalíticas: 2700 al 2000 a.C.Planta rectangular e unha soa losa cuberta.
 -Mamoas:Son montóns de terra ás veces mesturadas con pedras pequenas case sempre en forma de media esfera que recubren un dolmen, tamén chamadas medorras ou medoñas. Aparecen case sempre en ladeiras ou serras, lugares non aproveitables para a agricultura. Esta aparició de megalíticos en lugares elevados tiña un nobre interese: ser vistos dende lonxe e funcionar como límite de territorio entre comunidades. A estructura das mámoas está composta por capas de terra, as veces mesturadas con pequenas pedras e recubertas por unha coraza de pedra ou rodeadas de aneis na basais. A forma é circular ou ovalada, de entre 10-30 m de diámetro sen sobrepasar os 5m de altura. Polo xeral no centro da mámoa está o dolmen, con cámara poligonal con ou sen corredor de acceso, construida con grandes lousas verticais que sopotan unha cuverta monolítica. -Menhires: Son pedras fincadas no chan de dificil atribución cronolóxica e cunha función ritual que non coñecemos ben.
 Principais construccións megalíticas atopadas en A Coruña:
 Pedra da Arca : É un dos dolmens máis importantes de Galicia, no municipio de Malpica. Chama especialmente a atención o grosor da súa cuberta que aparece caída e inclinada sobre a cámara. Unha vella lenda dí que foi feita por unha moura, que trouxo as pedras na cabeza ó mesmo tempo que fíaba na roca e amamantaba un neno.
 Dombate : Este é o dolmen máis coñecido de Galicia non só pola súa feitura e os obxetos atopados nel, se non tamén porque foi inmortalizado por Pondal nun dos seús poemas.É un perfecto dolmen de corredor. A cámara poligonal conserva a súa cuberta e mide 4,20 por 2,90m. Ten un longo corredor de tres tramos de 4,10m de longo que aumenta en anchura a medida que nos acercamos a cámara( 95-140cm) e tamén en altura (95-150 cm).Na súa escavación apareceron importantes feitos: -A existencia dun dolmen anterior de cámara simple. -Aparición de decoración pictórica na cámara e corredor. -Localización dunha fila de 20 ídolos no frente do corredor no límite do túmulo. -Unha notable aparición de obxetos líticos e cerámicos. -Este dolmen foi utilizado en diferentes épocas entre 3900-2700 a.C, momento no que se clausura.Está na Cabana de Bergantiños .
 Casa dos Mouros: É un gran dolmen de corredor situado entre o límite dos municipios de Vimianzo e Dumbria. O seu nome causa confusión xa que nalgunhas publicacións aperece como Pedra da Arca e tamén como Dolmen de Regoelle. Ten unha lonxitude de 7,50m , dos que 3,80 pertencen á cámara e o resto ó corredor. Aparecen algúns gravados línes onduladas e dúas manchas de cor vermella.
 Arca da Piosa : Pertence ó municipio de Zas. Está no medio dunha gran explotación forestal de eucaliptos que a veces dificulta a súa localización pola gran cantidade de pistas. Impresiona a dimensión das súas cubertas tanto da cámara coma do corredor, estando esta nun plano inferior. O túmulo, de gran altura, vese dende lonxe. Eduardo Pondal sitúa aquí a tumba do mítico guerreiro Brandomil.
Mina da Parxubeira (A Coruña):Está no municipio de Mazaricos e coñécese tamén como dolmen de Corveira. Forma parte dunha necrópolis de catro túmulos. Conserva os ortostatos do lado norte e restos dun corredor curto, entre eles unha lousa de cobertura e parte do túmulo. Na súa escabación atopáronse catro estelas antropomórficas na periferia e algúns betilos (pequenos cantos rodados), así como fragmentos de cerámica campaniforme, láminas de silex, unha punta de frecha, unha aixola e unha guvia.
 Cabaleiros : Pertence ó municipio de tordolla. a cámara é poligonal, formada por seis ortostatos suxeitando unha cuberta de 4,50m de longo. Nunca foi escavada polo que se hai corredor está oculto baixo o túmulo que se conserva parcialmente, pertence a Diputación da Coruña.
 Casota de Berdoias : Pertence ó municipio de Vimianzo e coñécese tamén como Caseta dos Mouros e Dolmen de Freáns. É o mellor exemplo conservado en Galicia de cista megalítica, tipoloxía que aparece na última fase do megalitísmo galego. Ten planta rectangular de 2,70m de longo e está construida con granito orredor. Na superficie interior dos tres ortostatos que sosteñen a fermosa lousa de cobertura, aparecen gravados motivos cruciformes e cazoletas.
 Fornela dos Mouros : Situada en Aplazadoiro, municipio de Laxe. Fermoso exemplar de cista megalítica con tres ortostatos dispostos rectangularmente que soportan unha gran lousa de cobertura. Acada unha altura de 1,35m. Pedra Cuberta : Pertence o municipio de Vimanzo. É un monumento de gran importancia histórica porque o alemán Georg Leisner deu a coñecer a decoración pictórica deste manumento funerario, un feito pouco comentado en Europa ata ese momento. Hoxe só podemos ver un dolmen de cámara poligonal e corredor que conserva unha lousa de cobertura no corredor e restos do túmulo. Axeitos : É sen dúbida o máis estético dos dolmens galegos. Está na parroquia de Oleiros, municipio de Ribeiro e pertence á diputación provincial. Coñecido popularmente como Pedra do Mouro estando en bó estado de conservación .

Lendas galegas .

martes, 23 de octubre de 2012

Tras as eleccións .

Hoxe ,día 23 de outubro ,fai dous días foi a votación para a presidencia de Galicia ,volveo gañar o PP con maioría absoluta .Penso que isto se debe a diversas causas ,para comezar ,a maioría da poboación galega é xente maior dos 65 anos ,xente que na súa maioría votan ao PP ,porque o viviron dende a súa infancia ,non votan unha cara ,é dicir non votan neste caso a Feixoo ,senón que votan ao partido .En segundo lugar ,a situación do País é moi crítica ,que si recortes ,paro ,pobreza ...isto produce unha situación de medo polo que a xente ofrece rechazo a un cambio de goberno ,que suporía volver a empezar en moitos sentidos incluso ir a peor.Vamos que sería unha situación de conformidade .En terceiro lugar ,os novos partidos que xurdiron nestas eleccións xunto cos menos populares ofrecen unha imaxe de infiabilidade ,a xente non se fía de que sepan ponerlle freo a esta situación e tampouco de que cumplan os seus programas electorales .Por iso o PP volveu gañar ao meu parecer. Tamén puido influír que Galicia sexa a Comunidade menos endebedada de España ,ademáis que España este gobernada polo mesmo partido favorece a Galicia.Destacouse que moita xente non foi a votar nestas eleccións ,cousa que paréceme moi correcta , xa que hai moita xente que non está deacordo coa política ,nin cos programas electorales que estos partidos ofrecen ,polo que non van ir a votar algo co que non se sinten identificados ,según isto poderíase pensar que por qué non votan en branco ,penso que é para non darlle un voto ao partido que gañe .Ahora o problema é como atallarán Feixoo e Rajoy esta situación ,a incertidumbre queda no aire ...

miércoles, 17 de octubre de 2012

Botando unha ollada.

Meu nome é Carballo .Si ,oes ben ¡Son un Carballo ,e vouvos contar onde eu nacín ,me criei e todas as aventuras e historias que vivín e vivirei ,porque este so é o comezo da miña historia e por que non da historia de Galicia?
   Como ven os dicía nacín nas Fragas do Eume ,fará xa uns 30 anos ,anos que pasaronseme voando ,observando a fermosura do lugar. Pode parecervos que aquí sen moverme ,sen facer nada abúrrome ,pero son feliz .A fauna que me rodea é característica galega ,dende os meus irmáns ,seguindo por castaños,abedules ,flores silvestres ...Sempre que podo bótolle unha ollada a unha anemone numerosa,é a flor más bella da fraga ,pero non sinte o mesmo por min, xa que ela di que espera ser observada por todo o que a mire pero sen chegar a nada máis. Todos sabedes como é o clima galego ,que se chove ,que se vai frío ,humidade ...por iso todos os días do longo inverno as salamandras venme facer coxegas ata que non podo parar de rir. Atópome na orilla esquerda do río Eume ,non pasa un so día sen que me refresque con esa fresca auga doce ,e que dicir do seu murmurar tan bello e relaxante ,por non falar dos sapos e ras que se divirten todos os días nadando nas súas augas .As miñas ramas serven de refuxio e de fogar para o mirlo ou o martín pescador ,eu non lles cobro alquiler pois alégrame a súa presenza .Ademais sinto que os protexo a eles e as súas crías do ataque das aves cazadoras da fraga coma o búho chico e os azores .De vez en cando venme a facer algunha visita as xinetas e garduñas .As nutrias levan as súas crías a bañarse no río .Os raposos non se dexan ver ,so cando buscan as súas presas .Os cervos escapan da súa presenza ,xa que non se levan del todo ben. Moitas veces os camiñantes sácanse fotos na miña presenza,diríxense ao monasterio de Caaveiro ,moi fermoso polo que din ,eu todavía non tiven a sorte de visitalo. Meus pais contáronme unha lenda cando era pequeno .
  

A lenda conta que Deus ao crear os tres ríos que nacen na serra de O Xistral -Eume, Landro e Masma- le prometeu un home cada ano ao que chegase primero ao mar. Traicionado polos otros dous, que o deixaron dormindo, o Eume tuvo que cruzar vales e montes para gañar. Por iso saleu bravo e agreste e, antes da aparición dos embalses no seu cauce, tamén levaba cada ano a vida dun home.

Espero que os gustase a miña historia ,pero isto non é a fin ,senón un deica logo .

jueves, 11 de octubre de 2012

A vida que nos toca vivir.

Se puidésemos retroceder no tempo ,aínda que so fose para mirar por un buraco pequeno nos quedaríamos asustados de todo o que a través dos anos de historia conseguimos como galegos e como españois .Todo o que conseguimos estase tirando agora ao lixo. Nos din que estamos en democracia ,pero a democracia significa goberno do pobo ,acaso isto é un goberno do pobo? ou simplemente e un goberno de políticos mentireiros ?
   Estamos volvendo a perder todo o que gañamos .Onte mesmo ,no periódico ,viña unha noticia sobre que a pobreza infantil española se ha incrementado enormemente . Qué futuro queremos para esos nenos ? e que dicir dos seus pais? Persoas que teñen que traballar horas criminais sen apenas descanso ,cobrando unha miseria e non so individualmente se non que a parella non chega ao necesario para cubrir todos os seus gastos básicos .Nenos que non poden gozar da compañía dos seus pais porque teñen que traballar,incluso nos colexios lles cobran por levar o táper da casa.
  En plena campaña de eleccións os políticos en vez de propoñer solucións para axudar ao pobo e solucionar o desemprego ,a falta de axudas ,a pobreza ...Dedícanse a atacarse uns aos outros ,que si uns son uns ladróns ,outros minten ,outros toman medidas extremas ...Todos son iguais so pensan na fama e no diñeiro que van a conseguir.Todos cobran unas cantidades inmensas de diñeiro ,teñen conductores e gardaespaldas e coches das mellores marcas e todos eles recortan o sueldo dos funcionarios ,despiden traballadores ,retiran pagas extras ,retiran as becas de todo tipo e axudas ,baixo a excusa de que todos temos que sacrificarnos para saír da crise ,acaso algún deles baisouxe o soldo ou renunciou a todos os seus luxos?
Hai persoas na cárcel con menos delito,e que dicir do noso rei que se dedica a cazar elefantes ?e dos nosos príncipes que viaxan e se hospedan en hoteis de luxo? .A constitución española ten un artículo inalienable que di "todo o mundo ten dereito a unha vivenda digna e a ver todas as súas necesidades básicas satisfeitas ".Por iso so me queda dicir que vivimos nunha mentira e que os que durante anos loitaron para proporcionarnos un futuro mellor están vendo os seus logros botados por terra por xente que nunca loitou nada. Cambiará algún día esta realidade ?

domingo, 7 de octubre de 2012

Galicia dende o seu orixen ata agora

Benvidos