miércoles, 15 de mayo de 2013

A nosa vida é un xogo.

Quizáis moitos de vós escoitastedes aos vosos pais ou avós en moitas ocasións criticar os xogos dos nosos pequenos de hoxe en día. Toda persoa xogou a algún tipo de xogo na súa infancia.Facendo un recorrido pola nosa historia podemos ver a evolución deses xogos desde o século pasado ata hoxe en día. Ao mesmo tempo cos nenos xogaban ,sen ningún tipo de preocupación ,en Galicia estabase a vivir unha longa historia,desde unha guerra civil ata o goberno franquista.Moitos galegos tiveron que fuxir ao exilio,outros foron represaliados e fusilados ,viviuse unha forte pobreza, pero a pesar disto os nenos tiñan a súa imaxinación para eludirse dos problemas do mundo a través dos xogos.
Meu pai recorda que cando él tiña ao arredor de 5 anos non pasaba unha soa tarde metido na casa sen saber que facer.(na década dos 60). Todos os nenos saían a rúa a xogar múltiples xogos ,desde os que perduran ata os nosos días coma o balón pé, a comba de saltar,as canicas...
Pero os xogos máis populares entre os nenos galegos eran os seguintes dos que os vou falar.
O popular xogo da chave que consistía en lanzar uns discos redondos e planos denominados pesos,sobre unha peza metálica chamada chave colocada a certa distancia.O obxectivo e petar cos pellos na chave o maior número de veces.A este xogo se xogaba normalmente en parellas.En galicia ,en cada zona xogábase de distinta maneira.Por outro lado estaba o xogo das tabas ,moi habitual e popular era este xogo en Ferrol,botábanse as tabas no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición as tabas que están mal e coller as que estean ben, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. As tabas que se consideran boas son as que están na posición primeira, e ao ser collidas todas, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición.
Outro dos xogos máis xogados polos nenos era o brilé,xogábase cunha pelota de espuma (para non facerse dano) e consistía en formar dous equipos,os membros de cada equipo tiñan que intentar darlle coa pelota aos seus contrincantes ,se lle daban este quedaba eliminado ,así ata conseguir eliminalos a todos.
Pero meu pai non so garda recordo dos xogos aos que os nenos solían xogar,senón que tamén recorda as longas tardes que pasaba xogando cos seus amigos na Plaza de Amboaxe de Ferrol.
O nome orixinal da plaza foi Plaza de Dolores debido a Igrexa de Dolores que alí estaba ubicada.En 1784 comenzáronse as obras de desmontaxe é nivelación do terreo para construír a Praza de Dolores,hoxe praza de Amboaxe.Dous anos máis tarde o inxeneiro militar Sánchez Aguilera realizou un proxecto de construcción pero non foi levado a cabo.
En 1895 instálase a estatua do Marqués de Amboaxe que lle da nome a praza.
Tamén recorda que nos veráns iba cos seus irmáns e os seus pais a pasar as tardes a praia de Copacabana,hoxe desaparecida. Esta praia foi creada ,por así dicilo, en torno aos anos 40,cando a cidade estaba moi debilitada pola Guerra Civil.A praia atopábase no que hoxe é a Malata ,a praia na súa base xa existía nos anos 40 ,pero nestes anos habilitouse para que a xente podese disfrutar dela.
Cando meu pai foise facendo máis adolescente,os seus hábitos de ocio cambiaron e pasou a asistir cos seus amigos aos cines Avenida de Ferrol.Estos cines foron construídos polo arquitecto Rafael González Villar na Calle Dolores.Afinales de los 80 se cerrarían.
Tamén acudía ao cine Rena que no seu comezo era un teatro.Este teatro foi construído polo arquitecto Eduardo Rodríguez Losada Rebellón,ubicado na calle del Sol, clausurouse en 1915.
Na actualidade os nenos xa non saben xogar como facíase antes.As tecnoloxías invadiron o planeta.Os rapaces xa non saben relacionarse se non é a través de móviles,ordenadores,videoconsolas.
En canto a cidade de Ferrol ,perdeu os seus centros de ocio ,que marcaron a historia da cidade.Outros mantivéronse como O teatro Jofre pero outros desapareceron.
Deberíase de colaborar para non perder a memoria da nosa cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario