jueves, 16 de mayo de 2013

Gonzalo Torrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester naceu en Serantes(Ferrol),máis concretamente nos Corrales.Naceu o día 13 de xuño na casa dos seus avós maternos,no ano 1910.
A casa natal de Serantes.
En 1912 botadura do acoirazado España,no que o seu pai estaría embarcado,xa que era Teniente de Navío.No ano 1914 nacería o seu irmá Álvaro e mudaranse a unha casa ao lado do Hospital de Caridade na rúa Magdalena. Aos catro anos aprende a ler e xa comeza a entender os titulares dos periódicos que falaban da Gran Guerra.Un ano máis tarde aprende a escribir,proceso fundamental na súa vida,aprendeu a ler na Calle Dolores,na escuela particular de Doña Concha.En 1916 comeza os seus estudos no colexio PP.Mercedarios,hoxe Tirso de Molina,ubicado na praza de Amboaxe.
Seus pais o levaban ao teatro dende moi pequeno ,ao teatro Jofre,él comezou naquel momento a ser un aficionado ao teatro.
En 1918 remata a 1ª Guerra Mundial.Torrente recorda a celebración que fixeron os ingleses que traballaban nos astilleiros na praza de Amboaxe,estes eran coñecidos como os "chonis".
Torrente gran aficcionado a lectura con tan so nove anos,le o libro do ferrolán Francisco Suárez García,Os invasores,libro que o impresionou. O libro trataba sobre a Batalla de Trafalgar,suceso grave para Ferrol xa que conlevou un alto coste de vidas humanas para a cidade.En Coruña estudiará bachiller.En 1926 remata o Bachiller e plantease que estudar.Decide preparar o curso preparatorio para estudar o filosofia o dereito.Vivirá en cidades como Oviedo,Madrid e escribirá en xornais como La Tierra.
En 1931 en Pontevedra enamorase de Josefina,coa que casase un ano máis tarde.Mudaranse a Ferrol,a calle dos mortos.Aquí nacerá a súa primeira filla MªJosé e afiliase ao Partido Galeguista.Un ano máis tarde 1935 nace o seu fillo Gonzalo e obtén xunto a Carballo Calero a licenciatura en Historia.En 1936 se incorpora como profesor ao Instituto de Bachillerato Concepción Arenal de Ferrol,ubicado entón no edificio do goberno militar.
No ano 1938 nacera a súa terceira filla Marisa ,na rúa Rubalcava de Ferrol.Posteriormente vivirán en Burgos,Ávila hasta que en 1942 estableceu a súa residencia en Ferrol.Asistirá diariamente ao casino de Ferrol.
Más tarde se trasladan a Madrid ,en Ferrol pasarán os veráns.En 1958 morre a súa muller Josefina,en 1960 volveuse casar con Fernanda con quen terá outra filla.En 1964 xa destinado en Pontevedra como profesor de instituto ,nacerá Jaime.Colaborará no Faro de Vigo onde entrará en contacto con Cabanillas,Valverde...No ano 1965 trasladarase toda a familia a América,xa que fora invitado pola universidade de Estados Unidos para impartir clases.En Albany máis concretamente.No ano 1973 regresa definitivamente a España ,a Nigrán onde colabora co periódico Informaciones.En 1975 será elixido académico da Real Academia Española da lingua.Dous anos máis tarde ingresa na R.A.E .
En 1980 jubilase e comeza a escribir para o periódico ABC e dous anos máis tarde concedeselle o Premio Prícipe de Asturias.
Pero o feito máis simbólico para él foi o seu nomeamento en 1983 como Fillo Predilecto de Ferrol.No ano 1985 otorgaselle o Premio Cervantes.
Xa en 1989 por decisión da Corporación Municipal de Ferrol,adosase na casa materna dos Corrales unha placa de bronce coa seguinte inscripción:"Nesta casa naceu,o día de San Antonio de La Cabana de 1910,o escritor D.Gonzalo Torrente Ballester, fillo predilecto de Ferrol"href="http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdcx/~edisp/~extract/TURGA071095~1~staticrendition/tg_carrusel_central.jpg" imageanchor="1" >
No ano 1994 O ayuntamiento de Ferrol erixe un busto De Torrente Ballester no campus de Esteiro,que inmortalizará a presenza do escritor na súa cidade.
Aquí un pequeno fragmento de "Farruquiño" en Sombras recobradas:
"Cuando marchó a dormir, casi de madrugada, la niebla había cubierto la ría y se acercaba a los árboles. Un pequeño resplandor, hacia Montecuruto, señalaba el lugar de la luna en el cielo, próxima a ponerse(...)
Amaneció orballando. Farruco marchó a El Ferrol temprano. Rafaela le recomendó que llevase un capote, no fuera a mojarse; pero la mañana estaba caliente, pegajosa. Cabalgó a su cuerpo limpio. Dio su clase de francés en el Convento de San Francisco. Mientras el fraile llegaba, Farruco se asomó, y sus ojos quisieron traspasar la niebla, y averiguar que pasaba en el Arsenal. Llegaba el rumor de tráfico, de martillazos, silbidos de contramaestre, ruído de cadenas, algunas voces, todo envuelto en el orballo azul y dulce".

miércoles, 15 de mayo de 2013

A nosa vida é un xogo.

Quizáis moitos de vós escoitastedes aos vosos pais ou avós en moitas ocasións criticar os xogos dos nosos pequenos de hoxe en día. Toda persoa xogou a algún tipo de xogo na súa infancia.Facendo un recorrido pola nosa historia podemos ver a evolución deses xogos desde o século pasado ata hoxe en día. Ao mesmo tempo cos nenos xogaban ,sen ningún tipo de preocupación ,en Galicia estabase a vivir unha longa historia,desde unha guerra civil ata o goberno franquista.Moitos galegos tiveron que fuxir ao exilio,outros foron represaliados e fusilados ,viviuse unha forte pobreza, pero a pesar disto os nenos tiñan a súa imaxinación para eludirse dos problemas do mundo a través dos xogos.
Meu pai recorda que cando él tiña ao arredor de 5 anos non pasaba unha soa tarde metido na casa sen saber que facer.(na década dos 60). Todos os nenos saían a rúa a xogar múltiples xogos ,desde os que perduran ata os nosos días coma o balón pé, a comba de saltar,as canicas...
Pero os xogos máis populares entre os nenos galegos eran os seguintes dos que os vou falar.
O popular xogo da chave que consistía en lanzar uns discos redondos e planos denominados pesos,sobre unha peza metálica chamada chave colocada a certa distancia.O obxectivo e petar cos pellos na chave o maior número de veces.A este xogo se xogaba normalmente en parellas.En galicia ,en cada zona xogábase de distinta maneira.Por outro lado estaba o xogo das tabas ,moi habitual e popular era este xogo en Ferrol,botábanse as tabas no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición as tabas que están mal e coller as que estean ben, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. As tabas que se consideran boas son as que están na posición primeira, e ao ser collidas todas, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición.
Outro dos xogos máis xogados polos nenos era o brilé,xogábase cunha pelota de espuma (para non facerse dano) e consistía en formar dous equipos,os membros de cada equipo tiñan que intentar darlle coa pelota aos seus contrincantes ,se lle daban este quedaba eliminado ,así ata conseguir eliminalos a todos.
Pero meu pai non so garda recordo dos xogos aos que os nenos solían xogar,senón que tamén recorda as longas tardes que pasaba xogando cos seus amigos na Plaza de Amboaxe de Ferrol.
O nome orixinal da plaza foi Plaza de Dolores debido a Igrexa de Dolores que alí estaba ubicada.En 1784 comenzáronse as obras de desmontaxe é nivelación do terreo para construír a Praza de Dolores,hoxe praza de Amboaxe.Dous anos máis tarde o inxeneiro militar Sánchez Aguilera realizou un proxecto de construcción pero non foi levado a cabo.
En 1895 instálase a estatua do Marqués de Amboaxe que lle da nome a praza.
Tamén recorda que nos veráns iba cos seus irmáns e os seus pais a pasar as tardes a praia de Copacabana,hoxe desaparecida. Esta praia foi creada ,por así dicilo, en torno aos anos 40,cando a cidade estaba moi debilitada pola Guerra Civil.A praia atopábase no que hoxe é a Malata ,a praia na súa base xa existía nos anos 40 ,pero nestes anos habilitouse para que a xente podese disfrutar dela.
Cando meu pai foise facendo máis adolescente,os seus hábitos de ocio cambiaron e pasou a asistir cos seus amigos aos cines Avenida de Ferrol.Estos cines foron construídos polo arquitecto Rafael González Villar na Calle Dolores.Afinales de los 80 se cerrarían.
Tamén acudía ao cine Rena que no seu comezo era un teatro.Este teatro foi construído polo arquitecto Eduardo Rodríguez Losada Rebellón,ubicado na calle del Sol, clausurouse en 1915.
Na actualidade os nenos xa non saben xogar como facíase antes.As tecnoloxías invadiron o planeta.Os rapaces xa non saben relacionarse se non é a través de móviles,ordenadores,videoconsolas.
En canto a cidade de Ferrol ,perdeu os seus centros de ocio ,que marcaron a historia da cidade.Outros mantivéronse como O teatro Jofre pero outros desapareceron.
Deberíase de colaborar para non perder a memoria da nosa cidade.