sábado, 27 de abril de 2013

Dolores Ibárruri "A Pasionaria".

Dolores Ibárruri , ou como ben a coñecemos hoxe "A Pasionaria",deixou clara constancia na historia de España sobre todo durante a Segunda República e a Guerra Civil Española.
Para quen no sepa nada dela ,foi dirixente do Partido Comunista de España(PCE).A súa loita política uniuse a súa loita polos dereitos das mulleres, demostrando que as mulleres fosen da condición que fosen ,eran libres para elixir o seu destino.
Dolores naceu na población vizcaína de Gallarta(País Vasco) en 1895,no seno dunha familia tradicional e mineira.O seu pai mineiro era de ideoloxía carlista.En 1910 ten que abandoar os estudos a pesar de que ía entrar na escola de Maestras para estudar o oficio.En lugar diso traballa de sirvienta.En 1916 casouse cun mineiro socialista,ela que é moi aficionada a lectura e o feito de estar casada sun socialista fan que cada vez máis se decante polo marxismo.Dolores asumíu a doctrina marxista como modo de loita para a liberación da clase obreira.
A victoria da Revolución Bolchevique en Rusia a deixou impresionada.Comezou a escribir en numerosos periódicos baixo o pseudónimo de "A Pasionaria"(El minero vizcaíno,El Mundo Obrero...). Desde o comenzo ocupou grandes cargos dentro do Partido Comonunista Español,feito polo que foi detida en numerosas ocasións. En 1933 presisiu a Unión de Mulleres Antifascistas. Divorciuse e comezou unha relación cun home 17 anos menor ca ela. Debido a isto o socialismo e o comunismo lle puxeron como condición para continuar militando que rompese a relación. Tivo seis fillos e tivo que facer fronte a morte de varios deles ,xa fose por emfermidade ou por loita na guerra.
Foi encarcelada en numerosas ocasións debido a súa activa militancia en manifestacións comunistas. En 1936 foi elexida diputada por Asturias e vicepresidenta polas cortes republicanas en 1937. Foi un mito debido as súas arengas pola causa Republicana ,dela son os lemas !No pasarán! acuñado durante a Defensa de Madrid na Guerra Civil.
Tras a Guerra Civil Española exiliouse a URSS ,onde exerceu como máxima autoridade entre os membros exiliados do PCE a URSS.En 1960 dimitiu para pasar a exercer o cargo de Presidenta do PCE.
Trala morte de Franco e o fin da ditadura militar en España, durante a Transición volveu a España o 13 de maio de 1977. Morreu en Madrid en 1989 ,foi enterrada no cementerio da Almudena.Da súa vida deixou constancia nas súas memorias que publicou en 1962 "El único camino".

No hay comentarios:

Publicar un comentario