viernes, 25 de enero de 2013

Don Misael Prieto García, O defensor dos pobres.

Testemuños:
María Esther Prieto Haz. María é unha sobriña de Concepción Prieto Paz , a servinte que foi da Paiola a Meirás e que estivo, desde moi nova ao servizo da casa de Don Misael. Ela tivo moita relación coa irmá de Don Misael, Dona María Josefa. Don Misael era un personaxe carismático. Fillo de padres labradores.Era un Home emprendedor e tenaz. Os seus feligreses de Meirás, campesinos y pescadores ,algúns agobiados pola pobreza foron para él como os seus fillos aos que había que coidar ,ensinar e prepararlles para un futuro mellor. Nunca deixou de coidar aos emfermos memtres non chegaba un médico.
José Dopico Fraga. O primeiro que fixo Don Misael foi facer unha escola pública na parroquia de Meirás.El fundou o sindicato e quixo facer un muelle para os pescadores.Comproulle as terras a Marquesa e reparteunas entre os pobres.Era moi bó home.
María Orjales Leira. Como a maioría da xente era pobre ,precisaba diñeiro ,pero os créditos eran moi caros.Don Misael fundou a Caixa Rural,desta maneira se precisabase aforrar aforrábase e se precisabase diñeiro ,dábase a un precio máis barato. Construiu o Molino Da Cubeta para que a xente non tivera que facer longos desprazamentos para moer a fariña para facer o pan.
Morreu o 21 de marzo de 1935, a noticia da súa morte causou ondo pesar en toda a rexión .Don Misael ,un apóstol de indiscutible prestixio en toda España.
Para rematar ,pode valernos este poema de Xosé Crecente Vega que Don Misael faría seu :
Pola auga limpa
i o vento oureador,
bendígovos,Señor.
Polo monte bravo,
polo prado mol,
bendígovos, Señor.
Pola horta bricia
i os frutás en flor,
bendígovos, Señor.
Polo pan da terra,
pola luz do sol,
bendígovos,Señor.
Polas crías novas,
polo gado mor,
bendígovos, Señor.
Polo ben do lume,
polo ben do amor,
bendígovos, Señor.
Información extraída do libro Testigos de la Fe en la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol.