jueves, 28 de marzo de 2013

O galego e o seu uso.

En Galicia conciven dúas linguas :galego e castelán. Cando isto ocorre podese dar : -Lingua minoritaria:Menor número de falantes. -Lingua maioritaria:Maior número de falantes. -Lingua minorizada ou dominada:Sometimento dunha lingua que é excluída dos usos institucionais pola dominante.Isto ocorre normalmente por feitos históricos.
A política linguística pode regular estas situacións.A política linguística de normalización da lingua busca que unha lingua minorizada se empregue nas funcións institucionais das que está excluída por anteriores políticas linguísticas minorizadoras.Preténdese evitar a desaparición dun idioma e recuperar os seus usos sociais e situalo á altura da lingua forte.
A situación do galego polo tanto como lingua minorizada e ameazada.No marco legal a asimetría legal entre galego e castelán é palpable aínda que nalgúns usos institucionais o galego predomine como lingua oficial.O galego non se usa habitualmente na prensa diaria pero si na produción literaria.Nas emisións de radio e televisión so aparece nos medios de comunicación autonómicos,a publicidade non toda está en galego ,os músicos máis promocionados e coñecidos son aqueles que cantan e componen en castelán.
Na constitución recóllese a obriga,o deber de coñecer castelán e só a posibilidade,o dereito, de falar en galego.O galegofalante é considerado un castelanofalante.O status do galego como lingua minorizada parecelle normal á sociedade, que non considera a lingua vehículo de comunicación,marca de identidade e patrimonio cultural da humanidade,polo que algúns pensan incluso que as propostas da normalizacion do galego violan os seus dereitos.A pesares disto,3 millóns de persoas falan ou saben falar en galegoe ademais está entre as linguas máis faladas do mundo.
A minorización do galego procede das circunstancias da historia de Galicia.Instalouse o centro políco en Castela e Galicia quedou sometida,o castelán convertiuse en lingua do estado e dos poderes sociais.O altos funcionarios do estado e da igrexa que actuaban en galicia pasaron a falar este idioma.Os pasos máis importantes que se tomaron durante o século XIX e XX foron os seguintes:
-A instauracion da cooficialidade do galego.
-O galego no ensino.
-Creación da variedade estándar.
-Campañas institucionais e promoción da vida cultural en galego.
É dificil apreciar o avance do galego tras a ditadura ,xa que hai menos falantes.Pero pódese apreciar que cada vez hai máis galegofalantes que transmiten a lingua aos seus fillos.O galego é polo tanto unha lingua en vías de normalización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario