miércoles, 24 de abril de 2013

Batalla de Vigo .

Durante a Guerra Civil Española que tivo lugar entre 1936 e 1939 ,tivo lugar en Vigo a Batalla coñecida polo mesmo nome "Batalla de Vigo". Foi un enfrentamento que tivo lugar entre o exécito sublevado e as milicias obreiras viguesa. En teoría desenvolveuse entre o 18 e o 28 de xullo de 1936(comezos da guerra),pero os feitos máis relevantes déronse os días 20 e 21.Esta batalla rematou cun saldo de 50 baixas entre ambos bandos e centos de feridos e prisioneiros de guerra. Resultaron vencedores os sublevados fronte á resistencia republicana.A rexión de Vigo foi de Galicia a última en caer en mans dos fascistas.A última batalla tivo lugar en Tui (A Volta da Moura).
O bando republicano estaba comandado politicamente por Emilio Martínes Garrido ,pero este non aportou nada o conflicto ,mantívose inerte e pasivo. Guillermo Barros era representante da FIJL e a FAI; Dalmacio Bragado coordinaba a CNT; e Fernando Román foi un destacado membro da CNT, que básicamente coordinaba as barricadas.O bando republicano estaba formado por afiliados aos sindicatos obreiros.A CNT era a organización con máis peso,mentres que a UXT era a máis tradicional en Vigo. Había outros sindicatos independentes de menor importancia;o Sindicato Único de Metalurgia participou activamente na batalla, debido a súa ampla experiencia en folgas e conflitos armados. En total, sumaban uns 1000 combatientes
O bando sublevado estaba dirixido por Felipe Sánchez, comandante de la Plaza de Vigo,pero foi realmente Antonio Carreró quen liderou o ataque e planeou o asalto a resistencia obreira.Obando sublevado contaba con 350 soldados apostados en Vigo.
Desenvolvemento da Batalla: 18 - 19 de xullo: Os preparativos
O 18 de xullo de 1936 as tropas militares acuarteladas en Melilla se sublevan.O falanxista Manuel Hedilla trasládase a Vigo para preparar o alzamento en toda Galicia.A CNT ,FAI, UXT,XUVENTUDES MILITARES reciben mensaxes confusos sobre o levantamento en Melilla.Diferentes medios fanse eco desta noticia.
O 20 os sublevados pretenden actuar en Galicia.O alcalde de Vigo ante esta situación convoca un comité de cirise.A guarda de asalto ofreceuse para protexer a cidade,a CNT pediu armas para formar unha guerrilla.O alcalde confiado en que os militares se manterían fieles ,rechazou ambas ofertas. Os sindicatos ante isto coordínanse e forman unha milicia común,cuxo único armamento e unha ametralladora parabellum,varias pistolas pequenas e 200 bombas caseras.
20 - 22 de julio: o combate: O 20 de xullo o capitán Antonio Carreró sae do cuartel cuns 50 soldados e declara o Estado de Guerra.Os militares desfilan por varias rúas ata checgar a Porta do Sol as 13:00.Neste instante,un home de apelido Lence intenta arrebatarlle o bando ao axudante de Carreró e os militares o executan.Os milicianos se abalanzan sobre os sublevados para quitarlles as armas.Carreró manda abrir fogo,un afiliado da CNT responde coa ametralladora parabellum.Os militares retíranse. este feito acaba con 15 mortos e moitos feridos.Carreró toma a Casa do Pobo, mentres os milicianos asaltan a armería La Cosmopolita e o Cuartel da Guarda Civil de Teis. Consiguen 16 fusiles e 12 pistolas, aunque pouca munición. Radio Vigo proclama diversos mensaxes republicanos hata que Carreró toma o edificio. Ademáis, os sublevados instalan postos de ametralladoras nalgunas rúas importantes.Os milicianos levantan barricadas en O Calvario, O Seixo e Os Choróns. O día remata cando os militares asaltan o axuntamento sobre as 19:00 - 21:00 horas e deteñen ao alcalde e ao seu grupo de concexales. No Seixo, acabanse as bombas caseras, e os milicianos supervivintes fuxen hacia o monte. En Lavadores tamén hai forte resistencia, pero ao mediodía os sublevados toman o axuntamiento.Os milicianos se retiran al Cuartel de la Guardia Civil de Pardavila. Os militares de dicho cuartel, hata entonces neutrais, unense aos sublevados. Sen posibilidade de combatir en dos frentes, os republicanos retíranse ao monte. O 22 de xullo, os falanxistas toman casi toda a cidade. Desde unha avioneta, un militante da CNT sobrevoa a cidade arroxando octavillas nas que pide a rendición do bando sublevado.
23 - 28 de xullo: últimos actos de resistencia. O 23 de xullo o monte de A Mdroa é bombardeado ,morre unha persoa.Os sublevados acaban coa resistencia en Tui e destruen a avioneta utilizada polos milicianos a noite anterior.O 24 a Guarda Civil deténa Botana ,uns dos poucos dirixentes republicanos que aún seguía en libertade.O 26 os milicianos asaltan unha patrulla da garda civil ,resulta ferido un cabo.O día 28 de xullo, o bando republicano fai estourar unha bomba na estación de Figueirido, na línea de tren Vigo - Pontevedra. Foi o último ataque de resistencia da Batalla de Vigo.As acción posteriores foron obra dos maquis.
Este conflicto saliulle caro a cidade de Vigo quen tardou en recuperarse.Os membros do moité do Frente Popular foron xulgados por traición,o 27 de agosto morren fusilados.(Garrido ,Botana,Bilbatúa e Seoane).Ao arredor de 2500 persoas foron fusiladas en Vigo durante a Guerra Civil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario