domingo, 28 de abril de 2013

Aleixandre Bóveda.

Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo.
Nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Estudou a primaria nunha escola anexa á de Maxisterio; despois fixo cursos de peritaxe mercantil no colexio dos irmáns Villar. Comezou a preparar as oposicións á Facenda. Conseguiu o número 1 nas oposicións a Auxiliares de Contabilidade do Estado, cando tiña só 20 anos. Pasou catro anos da Delegación de Facenda de Ourense. No ano 1924 pide o destino para Pontevedra, onde é designado Xefe de Contabilidade da Facenda. Na Coral Polifónica, de que formaba parte, coñece a que sería a súa esposa, Amalia Álvarez Gallego, con que casou o día 20 de outubro de 1930.
O día 5 de decembro de 1931 foi fundado en Pontevedra o Partido Galeguista, do cal Alexandre Bóveda foi nomeado Secretario de Organización. Segundo Castelao, Bóveda era o “motor de explosión” do partido. Conseguiu crear un partido de masas, que pasou de 700 a 3000 persoas afiliadas en pouco tempo.
O día 3 de xuño de 1932, a Asemblea de Concellos de Galiza encarregou a nove ponentes a redacción do anteproxecto de Estatuto de Autonomía. Alexandre Bóveda foi o principal impulsor do anteproxecto. Nel demostrou con cifras incontestábeis que a política fiscal do Estado discriminaba a Galicia. O día 19 de decembro de 1932 foi aprobado. O Goberno Central autorizou a realización dunha consulta popular sobre o Estatuto.
Debido á chegada do bienio negro (1934-35), Castelao é desterrado a Badaxoz e Bóveda a Cádiz. O Partido Galeguista reséntese. Na segunda metade do ano 35 Alexandre consegue traslados a Madrid, a Vigo e, de novo, a Pontevedra. O triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 posibilita a realización do plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía, que se realizaría o día 28 de xuño dese ano. Foi aprobado con case o 99% dos votos dos galegos.
O día 19 de xullo de 1936 maniféstase o golpe militar en Pontevedra. Bóveda, que estaba co gobernador civil, é detido. O día 13 de agosto celébrase o xuízo militar sumarísimo, do cal saíu condenado a morte. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio).
En dito xuicio, manifestou o seu deseo de ser enterrado baixo a bandeira galega con estas palabras: Miña patria natural é Galicia. La amo fervorosamente, xamais a traicionaría, aínda que me concedesen séculos de vida. A adoro máis alá da miña propia morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, a recibiré como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera. Se non podo ata gustaríame morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal xuzga que debo selo. Xosé Sesto, tra la morte de Bóveda, apresurouse a colocar a bandeira galega baixo a súa chaqueta.
Na madrugada antes do seu fusilamento escribiu varias cartas, a derradeira delas dicía así:
Querido Vitín: Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben. Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname. Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai. Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer. Vitinciño: Aos papás, a Vera, a Carlos, a Cesar, a todos, as miñas apertas. Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que poidas recibir de Alexandre. P.S. / Rezai por min que eu lembrarei-vos sempre e (se podo, como espero) intercederei por vós.
Aquí a carta que lle escribiu a súa muller:
«Choliñas, Miña Peque, Vidiña: Quixera escribirche moito. Mais xa sabes canto puidera decirche. Perdoame todo, que os peques me lembren sempre; que cumplas todolos meus encargos. Eu, almiña, estarei sempre con vós como che prometín. Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío. Adeus, Vidiña: Vive para os peques e os vellos, abrázaos, confórtaos. Sé Ti, miña Pequeniña ademirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e satisfacción de Ti e de todos. Lembrareivos sempre, velarei sempre por vós. Adeus. Contigo, cos peques, cos vellos todos, estará sempre na lembranza, na máis grande, máis fonda, máis infinda das apertas, o voso, Xandro. P.S / Recei contigo».
Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza mártir.
O escritor Xerardo Álvarez Gallego dedicoulle o libro "Vida, Paixón e morte de Aleixandre Bóveda".

sábado, 27 de abril de 2013

Miltares ferroláns durante a Guerra civil.

Antonio Azarola.
Dende novembro de 1934, era segundo xefe da Base Naval de Ferrol e xefe do seu Arsenal. Foi subsecretario do Ministerio de Mariña e posteriormente ministro do mesmo departamento no gabinete presidido por Manuel Portela Valladares. Baixo o seu ministerio produciuse o último Plan Naval antes do estalido da Guerra Civil , no que se prevía a construción de dous destrutores, dous cañoneiros e outros barcos menores. Aínda que ao producirse a sublevación na Base do Ferrol, o 20 de xullo, o contralmirante Azarola adoptou unha actitude vacilante, finalmente inclinouse por non tomar parte na sublevación, polo que ao triunfar esta en Ferrol, foi detido, sometido a xuízo sumarísimo e condenado a morte por: ...un delito de abandono de destino do Xefe do Arsenal ante rebeldes e sediciosos, inhibíndose nas súas funcións, retirándose ás súas habitacións particulares e opoñéndose a que se declarase o estado de guerra nesta praza. O contraalmirante Azarola declarou no xuízo que, aínda que simpatizaba cos propósitos da sublevación, non podía quebrantar os seus principios militares. Foi fusilado ás seis da mañá do 4 de agosto, no cuartel de Dolores. Os seus restos atópanse enterrados no cemiterio de Vilagarcía de Arousa. A súa sobriña Amelia Azarola Echevarría estaba casada co aviador falanxista Julio Ruiz de Alda, que sería asasinado no Cárcere Modelo de Madrid o 23 de agosto de 1936.
Honorio Cornejo.
Naceu según atestigua a súa partida de nacemento en Zalamea. Era fillo dos facendados José Natalio Cornejo e Miguela Carvajal, e neto de importantes propietarios da localidade. Con 17 años, en 1878, estando a bordo da fragata Asturias, fondeada en El Ferrol, ingresou na Escuela Naval Flotante, onde desarrollaría os seus primeiros estudios na Armada. Pronto comezou a subir no escalafón de oficiales: Guarda Marina de segunda en 1880, de Primera en 1883 e Alférez de Navío en 1884. En marzo de 1885 es destinado al apostadero de Manila, en Islas Filipinas. Pero a enfermidade faría que uns anos máis tarde volvese a España. De novo en casa, foi destinado ao acoirazado Pelayo e posteriormente asistiu a Escuela de Torpedos a aprender sobre este nuovo arma naval.Tras exercer importantes cargos no Arsenal do Ferrol, en pleno conflicto do Rif se lle envía alí, a exercer de gardacostas no Estrecho al mando del cañonero Infanta Isabel. Sus méritos le harán ascender a Capitán de Navío e comenza a ocupar cargos de importancia. 
Salvador Moreno Fernández
Incorporouse a sublevacion militar na súa cidade natal ,El Ferrol,toma o mando do cruceiro leal al al almirante Cervera,conseguindo un gran protagonismo durante a guerra.Aeficacia militar dos seus cañoneos non será nunca moi grande ,pero a impresión que causaban na cidadanía e na moral dos sitiados era enorme.Foi un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo imputado pola Audiencia Nacional no sumario instruído por Baltasar Garzón, polos delitos de detención ilegal e crímenes contra a humanidade cometidos durante a Guerra civil española e nos primeiros anos do réximen. Non foi procesado ao comprobarse o seu fallecimento.

Dolores Ibárruri "A Pasionaria".

Dolores Ibárruri , ou como ben a coñecemos hoxe "A Pasionaria",deixou clara constancia na historia de España sobre todo durante a Segunda República e a Guerra Civil Española.
Para quen no sepa nada dela ,foi dirixente do Partido Comunista de España(PCE).A súa loita política uniuse a súa loita polos dereitos das mulleres, demostrando que as mulleres fosen da condición que fosen ,eran libres para elixir o seu destino.
Dolores naceu na población vizcaína de Gallarta(País Vasco) en 1895,no seno dunha familia tradicional e mineira.O seu pai mineiro era de ideoloxía carlista.En 1910 ten que abandoar os estudos a pesar de que ía entrar na escola de Maestras para estudar o oficio.En lugar diso traballa de sirvienta.En 1916 casouse cun mineiro socialista,ela que é moi aficionada a lectura e o feito de estar casada sun socialista fan que cada vez máis se decante polo marxismo.Dolores asumíu a doctrina marxista como modo de loita para a liberación da clase obreira.
A victoria da Revolución Bolchevique en Rusia a deixou impresionada.Comezou a escribir en numerosos periódicos baixo o pseudónimo de "A Pasionaria"(El minero vizcaíno,El Mundo Obrero...). Desde o comenzo ocupou grandes cargos dentro do Partido Comonunista Español,feito polo que foi detida en numerosas ocasións. En 1933 presisiu a Unión de Mulleres Antifascistas. Divorciuse e comezou unha relación cun home 17 anos menor ca ela. Debido a isto o socialismo e o comunismo lle puxeron como condición para continuar militando que rompese a relación. Tivo seis fillos e tivo que facer fronte a morte de varios deles ,xa fose por emfermidade ou por loita na guerra.
Foi encarcelada en numerosas ocasións debido a súa activa militancia en manifestacións comunistas. En 1936 foi elexida diputada por Asturias e vicepresidenta polas cortes republicanas en 1937. Foi un mito debido as súas arengas pola causa Republicana ,dela son os lemas !No pasarán! acuñado durante a Defensa de Madrid na Guerra Civil.
Tras a Guerra Civil Española exiliouse a URSS ,onde exerceu como máxima autoridade entre os membros exiliados do PCE a URSS.En 1960 dimitiu para pasar a exercer o cargo de Presidenta do PCE.
Trala morte de Franco e o fin da ditadura militar en España, durante a Transición volveu a España o 13 de maio de 1977. Morreu en Madrid en 1989 ,foi enterrada no cementerio da Almudena.Da súa vida deixou constancia nas súas memorias que publicou en 1962 "El único camino".

miércoles, 24 de abril de 2013

Batalla de Vigo .

Durante a Guerra Civil Española que tivo lugar entre 1936 e 1939 ,tivo lugar en Vigo a Batalla coñecida polo mesmo nome "Batalla de Vigo". Foi un enfrentamento que tivo lugar entre o exécito sublevado e as milicias obreiras viguesa. En teoría desenvolveuse entre o 18 e o 28 de xullo de 1936(comezos da guerra),pero os feitos máis relevantes déronse os días 20 e 21.Esta batalla rematou cun saldo de 50 baixas entre ambos bandos e centos de feridos e prisioneiros de guerra. Resultaron vencedores os sublevados fronte á resistencia republicana.A rexión de Vigo foi de Galicia a última en caer en mans dos fascistas.A última batalla tivo lugar en Tui (A Volta da Moura).
O bando republicano estaba comandado politicamente por Emilio Martínes Garrido ,pero este non aportou nada o conflicto ,mantívose inerte e pasivo. Guillermo Barros era representante da FIJL e a FAI; Dalmacio Bragado coordinaba a CNT; e Fernando Román foi un destacado membro da CNT, que básicamente coordinaba as barricadas.O bando republicano estaba formado por afiliados aos sindicatos obreiros.A CNT era a organización con máis peso,mentres que a UXT era a máis tradicional en Vigo. Había outros sindicatos independentes de menor importancia;o Sindicato Único de Metalurgia participou activamente na batalla, debido a súa ampla experiencia en folgas e conflitos armados. En total, sumaban uns 1000 combatientes
O bando sublevado estaba dirixido por Felipe Sánchez, comandante de la Plaza de Vigo,pero foi realmente Antonio Carreró quen liderou o ataque e planeou o asalto a resistencia obreira.Obando sublevado contaba con 350 soldados apostados en Vigo.
Desenvolvemento da Batalla: 18 - 19 de xullo: Os preparativos
O 18 de xullo de 1936 as tropas militares acuarteladas en Melilla se sublevan.O falanxista Manuel Hedilla trasládase a Vigo para preparar o alzamento en toda Galicia.A CNT ,FAI, UXT,XUVENTUDES MILITARES reciben mensaxes confusos sobre o levantamento en Melilla.Diferentes medios fanse eco desta noticia.
O 20 os sublevados pretenden actuar en Galicia.O alcalde de Vigo ante esta situación convoca un comité de cirise.A guarda de asalto ofreceuse para protexer a cidade,a CNT pediu armas para formar unha guerrilla.O alcalde confiado en que os militares se manterían fieles ,rechazou ambas ofertas. Os sindicatos ante isto coordínanse e forman unha milicia común,cuxo único armamento e unha ametralladora parabellum,varias pistolas pequenas e 200 bombas caseras.
20 - 22 de julio: o combate: O 20 de xullo o capitán Antonio Carreró sae do cuartel cuns 50 soldados e declara o Estado de Guerra.Os militares desfilan por varias rúas ata checgar a Porta do Sol as 13:00.Neste instante,un home de apelido Lence intenta arrebatarlle o bando ao axudante de Carreró e os militares o executan.Os milicianos se abalanzan sobre os sublevados para quitarlles as armas.Carreró manda abrir fogo,un afiliado da CNT responde coa ametralladora parabellum.Os militares retíranse. este feito acaba con 15 mortos e moitos feridos.Carreró toma a Casa do Pobo, mentres os milicianos asaltan a armería La Cosmopolita e o Cuartel da Guarda Civil de Teis. Consiguen 16 fusiles e 12 pistolas, aunque pouca munición. Radio Vigo proclama diversos mensaxes republicanos hata que Carreró toma o edificio. Ademáis, os sublevados instalan postos de ametralladoras nalgunas rúas importantes.Os milicianos levantan barricadas en O Calvario, O Seixo e Os Choróns. O día remata cando os militares asaltan o axuntamento sobre as 19:00 - 21:00 horas e deteñen ao alcalde e ao seu grupo de concexales. No Seixo, acabanse as bombas caseras, e os milicianos supervivintes fuxen hacia o monte. En Lavadores tamén hai forte resistencia, pero ao mediodía os sublevados toman o axuntamiento.Os milicianos se retiran al Cuartel de la Guardia Civil de Pardavila. Os militares de dicho cuartel, hata entonces neutrais, unense aos sublevados. Sen posibilidade de combatir en dos frentes, os republicanos retíranse ao monte. O 22 de xullo, os falanxistas toman casi toda a cidade. Desde unha avioneta, un militante da CNT sobrevoa a cidade arroxando octavillas nas que pide a rendición do bando sublevado.
23 - 28 de xullo: últimos actos de resistencia. O 23 de xullo o monte de A Mdroa é bombardeado ,morre unha persoa.Os sublevados acaban coa resistencia en Tui e destruen a avioneta utilizada polos milicianos a noite anterior.O 24 a Guarda Civil deténa Botana ,uns dos poucos dirixentes republicanos que aún seguía en libertade.O 26 os milicianos asaltan unha patrulla da garda civil ,resulta ferido un cabo.O día 28 de xullo, o bando republicano fai estourar unha bomba na estación de Figueirido, na línea de tren Vigo - Pontevedra. Foi o último ataque de resistencia da Batalla de Vigo.As acción posteriores foron obra dos maquis.
Este conflicto saliulle caro a cidade de Vigo quen tardou en recuperarse.Os membros do moité do Frente Popular foron xulgados por traición,o 27 de agosto morren fusilados.(Garrido ,Botana,Bilbatúa e Seoane).Ao arredor de 2500 persoas foron fusiladas en Vigo durante a Guerra Civil.