jueves, 28 de marzo de 2013

Francisco Leiro.

Quizais ao escoitar falar de Francisco Leiro ,nin sequera nos soe o seu nome,pero seguramente en calquera das cidades máis importantes do mundo nas que estivesemos ou simplemente comezando por Vigo ,seguro que hemos visto algunha das súas fermosas esculturas.
Francisco Leira,naceu en Cambados (Pontevedra), en 1957. Aprendeu a talla da pedra en la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela e continuou a súa formación en dibuxo e modelado na Escuela de Bellas Artes de Madrid.
A dilatada obra de Francisco Leiro está considerada desde os anos oienta unha das máis representativas da escultura española. Nos anos setenta as súas obras encádranse na etapa surrealista,coincidindo coa súa pertenencia xunto a outros artistas galegos ao Grupo Foga, entre eles Menchu Lamas,Antón Lamazares e Antón Patiño...Deuse a coñecer coas súas publicacións en "Atlántica".
Quen o inicio na escultura foi o seu pai ,quen era cantero.O seu pai instruiulle no talle da madeira,ferro e granito do país.
Tivo a oprtunidade de expoñer por primeira vez no seu pobo ,Cambados.A súa obra é acollida por todos de xeito sorprerdente,irritante,interesante e apasionante.Recorre España e en Madrid contan con él desde 1986.
A súa obra comeza a recorrer Europa e América ,incluso chega ata Australia.En Chicago,Ohio e Nova York sorprende e entusiasma.Convértese nun gran fenómeno internacional en canto a escultura.En Galicia ,sobre todo en Vigo temos varias obras públicas ,como no Axuntamento de Vigo.Museos de arte moderno de todo o mundo dispútanse as súas obras.O propio Francisco califica a algunhas das súas obras como "cousas" debido a que son indefinibles.Os seus materias preferidos son a madeira de roble e castaño galegos.
En España ,as súas esculturas máis coñecidas son a de "El sireno ",atópase en medio da Porta do Sol ,é un sireno sobre unha onda de mar.Co tempo está escultura é un símbolo da cidade.En Vigo tamén temos moitas das súas esculturas coma a de "Bañistas no Areal "ou os "Nadadores".
Pero verdadeiramente o máis importante é que gozamos de esculturas galegas polo resto do mundo grazas a labor de Francisco Leiro ,quen a deixado constancia do arte galego polo mundo e cando alguén esté e Nova York por exemplo ,poderá gozar e coñecer o noso arte galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario