jueves, 11 de octubre de 2012

A vida que nos toca vivir.

Se puidésemos retroceder no tempo ,aínda que so fose para mirar por un buraco pequeno nos quedaríamos asustados de todo o que a través dos anos de historia conseguimos como galegos e como españois .Todo o que conseguimos estase tirando agora ao lixo. Nos din que estamos en democracia ,pero a democracia significa goberno do pobo ,acaso isto é un goberno do pobo? ou simplemente e un goberno de políticos mentireiros ?
   Estamos volvendo a perder todo o que gañamos .Onte mesmo ,no periódico ,viña unha noticia sobre que a pobreza infantil española se ha incrementado enormemente . Qué futuro queremos para esos nenos ? e que dicir dos seus pais? Persoas que teñen que traballar horas criminais sen apenas descanso ,cobrando unha miseria e non so individualmente se non que a parella non chega ao necesario para cubrir todos os seus gastos básicos .Nenos que non poden gozar da compañía dos seus pais porque teñen que traballar,incluso nos colexios lles cobran por levar o táper da casa.
  En plena campaña de eleccións os políticos en vez de propoñer solucións para axudar ao pobo e solucionar o desemprego ,a falta de axudas ,a pobreza ...Dedícanse a atacarse uns aos outros ,que si uns son uns ladróns ,outros minten ,outros toman medidas extremas ...Todos son iguais so pensan na fama e no diñeiro que van a conseguir.Todos cobran unas cantidades inmensas de diñeiro ,teñen conductores e gardaespaldas e coches das mellores marcas e todos eles recortan o sueldo dos funcionarios ,despiden traballadores ,retiran pagas extras ,retiran as becas de todo tipo e axudas ,baixo a excusa de que todos temos que sacrificarnos para saír da crise ,acaso algún deles baisouxe o soldo ou renunciou a todos os seus luxos?
Hai persoas na cárcel con menos delito,e que dicir do noso rei que se dedica a cazar elefantes ?e dos nosos príncipes que viaxan e se hospedan en hoteis de luxo? .A constitución española ten un artículo inalienable que di "todo o mundo ten dereito a unha vivenda digna e a ver todas as súas necesidades básicas satisfeitas ".Por iso so me queda dicir que vivimos nunha mentira e que os que durante anos loitaron para proporcionarnos un futuro mellor están vendo os seus logros botados por terra por xente que nunca loitou nada. Cambiará algún día esta realidade ?

No hay comentarios:

Publicar un comentario