sábado, 1 de diciembre de 2012

Tipos de dolmens galegos:
-Dolmens simples: Xorden ao arredor do 4000 a.C. A súa función é funeraria. Aparecen restos de cerámicas,xoias de variscita,puntas de frecha,microlitos e follas de silex.
 -Dolmens de corredor: 3500 al 2400 a.C. Son as formas máis fermosas do megalitismo galego. En Galicia consérvanse en case perfecto estado como o de Dombate. É cuberto e en moitos casos alzado con respeto da cámara megalítica.Os restos encontrados son os mesmos que na fase anterior pero con formas máis complexas.
 -Cistas megalíticas: 2700 al 2000 a.C.Planta rectangular e unha soa losa cuberta.
 -Mamoas:Son montóns de terra ás veces mesturadas con pedras pequenas case sempre en forma de media esfera que recubren un dolmen, tamén chamadas medorras ou medoñas. Aparecen case sempre en ladeiras ou serras, lugares non aproveitables para a agricultura. Esta aparició de megalíticos en lugares elevados tiña un nobre interese: ser vistos dende lonxe e funcionar como límite de territorio entre comunidades. A estructura das mámoas está composta por capas de terra, as veces mesturadas con pequenas pedras e recubertas por unha coraza de pedra ou rodeadas de aneis na basais. A forma é circular ou ovalada, de entre 10-30 m de diámetro sen sobrepasar os 5m de altura. Polo xeral no centro da mámoa está o dolmen, con cámara poligonal con ou sen corredor de acceso, construida con grandes lousas verticais que sopotan unha cuverta monolítica. -Menhires: Son pedras fincadas no chan de dificil atribución cronolóxica e cunha función ritual que non coñecemos ben.
 Principais construccións megalíticas atopadas en A Coruña:
 Pedra da Arca : É un dos dolmens máis importantes de Galicia, no municipio de Malpica. Chama especialmente a atención o grosor da súa cuberta que aparece caída e inclinada sobre a cámara. Unha vella lenda dí que foi feita por unha moura, que trouxo as pedras na cabeza ó mesmo tempo que fíaba na roca e amamantaba un neno.
 Dombate : Este é o dolmen máis coñecido de Galicia non só pola súa feitura e os obxetos atopados nel, se non tamén porque foi inmortalizado por Pondal nun dos seús poemas.É un perfecto dolmen de corredor. A cámara poligonal conserva a súa cuberta e mide 4,20 por 2,90m. Ten un longo corredor de tres tramos de 4,10m de longo que aumenta en anchura a medida que nos acercamos a cámara( 95-140cm) e tamén en altura (95-150 cm).Na súa escavación apareceron importantes feitos: -A existencia dun dolmen anterior de cámara simple. -Aparición de decoración pictórica na cámara e corredor. -Localización dunha fila de 20 ídolos no frente do corredor no límite do túmulo. -Unha notable aparición de obxetos líticos e cerámicos. -Este dolmen foi utilizado en diferentes épocas entre 3900-2700 a.C, momento no que se clausura.Está na Cabana de Bergantiños .
 Casa dos Mouros: É un gran dolmen de corredor situado entre o límite dos municipios de Vimianzo e Dumbria. O seu nome causa confusión xa que nalgunhas publicacións aperece como Pedra da Arca e tamén como Dolmen de Regoelle. Ten unha lonxitude de 7,50m , dos que 3,80 pertencen á cámara e o resto ó corredor. Aparecen algúns gravados línes onduladas e dúas manchas de cor vermella.
 Arca da Piosa : Pertence ó municipio de Zas. Está no medio dunha gran explotación forestal de eucaliptos que a veces dificulta a súa localización pola gran cantidade de pistas. Impresiona a dimensión das súas cubertas tanto da cámara coma do corredor, estando esta nun plano inferior. O túmulo, de gran altura, vese dende lonxe. Eduardo Pondal sitúa aquí a tumba do mítico guerreiro Brandomil.
Mina da Parxubeira (A Coruña):Está no municipio de Mazaricos e coñécese tamén como dolmen de Corveira. Forma parte dunha necrópolis de catro túmulos. Conserva os ortostatos do lado norte e restos dun corredor curto, entre eles unha lousa de cobertura e parte do túmulo. Na súa escabación atopáronse catro estelas antropomórficas na periferia e algúns betilos (pequenos cantos rodados), así como fragmentos de cerámica campaniforme, láminas de silex, unha punta de frecha, unha aixola e unha guvia.
 Cabaleiros : Pertence ó municipio de tordolla. a cámara é poligonal, formada por seis ortostatos suxeitando unha cuberta de 4,50m de longo. Nunca foi escavada polo que se hai corredor está oculto baixo o túmulo que se conserva parcialmente, pertence a Diputación da Coruña.
 Casota de Berdoias : Pertence ó municipio de Vimianzo e coñécese tamén como Caseta dos Mouros e Dolmen de Freáns. É o mellor exemplo conservado en Galicia de cista megalítica, tipoloxía que aparece na última fase do megalitísmo galego. Ten planta rectangular de 2,70m de longo e está construida con granito orredor. Na superficie interior dos tres ortostatos que sosteñen a fermosa lousa de cobertura, aparecen gravados motivos cruciformes e cazoletas.
 Fornela dos Mouros : Situada en Aplazadoiro, municipio de Laxe. Fermoso exemplar de cista megalítica con tres ortostatos dispostos rectangularmente que soportan unha gran lousa de cobertura. Acada unha altura de 1,35m. Pedra Cuberta : Pertence o municipio de Vimanzo. É un monumento de gran importancia histórica porque o alemán Georg Leisner deu a coñecer a decoración pictórica deste manumento funerario, un feito pouco comentado en Europa ata ese momento. Hoxe só podemos ver un dolmen de cámara poligonal e corredor que conserva unha lousa de cobertura no corredor e restos do túmulo. Axeitos : É sen dúbida o máis estético dos dolmens galegos. Está na parroquia de Oleiros, municipio de Ribeiro e pertence á diputación provincial. Coñecido popularmente como Pedra do Mouro estando en bó estado de conservación .

No hay comentarios:

Publicar un comentario