martes, 23 de octubre de 2012

Tras as eleccións .

Hoxe ,día 23 de outubro ,fai dous días foi a votación para a presidencia de Galicia ,volveo gañar o PP con maioría absoluta .Penso que isto se debe a diversas causas ,para comezar ,a maioría da poboación galega é xente maior dos 65 anos ,xente que na súa maioría votan ao PP ,porque o viviron dende a súa infancia ,non votan unha cara ,é dicir non votan neste caso a Feixoo ,senón que votan ao partido .En segundo lugar ,a situación do País é moi crítica ,que si recortes ,paro ,pobreza ...isto produce unha situación de medo polo que a xente ofrece rechazo a un cambio de goberno ,que suporía volver a empezar en moitos sentidos incluso ir a peor.Vamos que sería unha situación de conformidade .En terceiro lugar ,os novos partidos que xurdiron nestas eleccións xunto cos menos populares ofrecen unha imaxe de infiabilidade ,a xente non se fía de que sepan ponerlle freo a esta situación e tampouco de que cumplan os seus programas electorales .Por iso o PP volveu gañar ao meu parecer. Tamén puido influír que Galicia sexa a Comunidade menos endebedada de España ,ademáis que España este gobernada polo mesmo partido favorece a Galicia.Destacouse que moita xente non foi a votar nestas eleccións ,cousa que paréceme moi correcta , xa que hai moita xente que non está deacordo coa política ,nin cos programas electorales que estos partidos ofrecen ,polo que non van ir a votar algo co que non se sinten identificados ,según isto poderíase pensar que por qué non votan en branco ,penso que é para non darlle un voto ao partido que gañe .Ahora o problema é como atallarán Feixoo e Rajoy esta situación ,a incertidumbre queda no aire ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario