miércoles, 17 de octubre de 2012

Botando unha ollada.

Meu nome é Carballo .Si ,oes ben ¡Son un Carballo ,e vouvos contar onde eu nacín ,me criei e todas as aventuras e historias que vivín e vivirei ,porque este so é o comezo da miña historia e por que non da historia de Galicia?
   Como ven os dicía nacín nas Fragas do Eume ,fará xa uns 30 anos ,anos que pasaronseme voando ,observando a fermosura do lugar. Pode parecervos que aquí sen moverme ,sen facer nada abúrrome ,pero son feliz .A fauna que me rodea é característica galega ,dende os meus irmáns ,seguindo por castaños,abedules ,flores silvestres ...Sempre que podo bótolle unha ollada a unha anemone numerosa,é a flor más bella da fraga ,pero non sinte o mesmo por min, xa que ela di que espera ser observada por todo o que a mire pero sen chegar a nada máis. Todos sabedes como é o clima galego ,que se chove ,que se vai frío ,humidade ...por iso todos os días do longo inverno as salamandras venme facer coxegas ata que non podo parar de rir. Atópome na orilla esquerda do río Eume ,non pasa un so día sen que me refresque con esa fresca auga doce ,e que dicir do seu murmurar tan bello e relaxante ,por non falar dos sapos e ras que se divirten todos os días nadando nas súas augas .As miñas ramas serven de refuxio e de fogar para o mirlo ou o martín pescador ,eu non lles cobro alquiler pois alégrame a súa presenza .Ademais sinto que os protexo a eles e as súas crías do ataque das aves cazadoras da fraga coma o búho chico e os azores .De vez en cando venme a facer algunha visita as xinetas e garduñas .As nutrias levan as súas crías a bañarse no río .Os raposos non se dexan ver ,so cando buscan as súas presas .Os cervos escapan da súa presenza ,xa que non se levan del todo ben. Moitas veces os camiñantes sácanse fotos na miña presenza,diríxense ao monasterio de Caaveiro ,moi fermoso polo que din ,eu todavía non tiven a sorte de visitalo. Meus pais contáronme unha lenda cando era pequeno .
  

A lenda conta que Deus ao crear os tres ríos que nacen na serra de O Xistral -Eume, Landro e Masma- le prometeu un home cada ano ao que chegase primero ao mar. Traicionado polos otros dous, que o deixaron dormindo, o Eume tuvo que cruzar vales e montes para gañar. Por iso saleu bravo e agreste e, antes da aparición dos embalses no seu cauce, tamén levaba cada ano a vida dun home.

Espero que os gustase a miña historia ,pero isto non é a fin ,senón un deica logo .

No hay comentarios:

Publicar un comentario